Gediminas Žylė, nado o 24 de novembro de 1988 en Vilnius, é un xogador profesional de baloncesto lituano.

Traxectoria O 30 de xullo de 2015, anunciouse a fichaxe de Žylė polo Básquet Coruña da Liga LEB Ouro.Gediminas Zyle, refuerzo interior para Coruña Tras unha segunda parte da tempada moi notable, o club coruñés anunciou a renovación de Žylė por unha tempada máis.Básquet Coruña anuncia la renovación de Gediminas Zyle Nesta segunda tempada, Žylė acadou 11.1 puntos e 3.8 rebotes por encontro.

Para a tempada 2017/18, Žylė asinou co Iberostar Palma da LEB Ouro, facendo 10.1 puntos e 4.2 rebotes por partido. A tempada seguinte, Žylė fichou polo Club Melilla Baloncesto, pero en maio de 2019 mancouse o tendón rotuliano do xeonllo esquerdo e despediuse da tempada.Gediminas Zyle se perderá lo que resta de temporada

Tras máis dun ano de recuperación do seu xeonllo, Žylė volveu ó Básquet Coruña para a tempada 2020/21.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en RealGM.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Vilnius Categoría:Xogadores de baloncesto de Lituania Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do KK Neptūnas Klaipėda Categoría:Xogadores do BC Nevėžis Categoría:Xogadores do Iraurgi SB Categoría:Xogadores do Club Básquet Coruña Categoría:Xogadores do CB Bahía San Agustín Categoría:Xogadores do Melilla Baloncesto