GraphQL é unha linguaxe de consulta de APIs creada por Facebook en 2012 e liberado en 2015.

Características É unha alternativa a REST que usa un sistema forte de tipos para describir as funcionalidades dunha API. GraphQL describe os recursos mediante un esquema (escrito nunha linguaxe propia chamada SDL) que define: Tipos de datos e as relacións entre eles. Unha serie de operacións, entre as que destacan as Consultas (Queries) para a lectura de datos, e os Modificadores (Mutations) para crear, modificar e borrar datos, os solucionadores (Resolvers) e os manexadores de erros.

Tipos Definen as entidades a consultar ou modificar, os seus atributos e as relacións con outros tipos. En SDL identifícanse pola palabra type:type Query { hero: Character

type Character { name: String friends: [Character] homeWorld: Planet species: Species

type Planet { name: String climate: String

type Species { name: String lifespan: Int origin: Planet }

Operacións As operacións (consultas e modificadores) tamén son tipos, e os seus atributos declaran as operacións dispoñibles. Así que ó realizar unha consulta débese especificar os atributos de retorno. A vantaxe de GraphQL é que se pode navegar pola información asociada á consulta, o que proporciona maior flexibilidade á hora de definir APIs.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas https://graphql.org/

Categoría:Linguaxes de consulta Categoría:Facebook