O Premio AELG de Tradución foi un galardón entregado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ás mellores obras traducidas de cada ano. Os vencedores eran elixidos por medio das votacións dos socios da entidade. Se ben os premios da AELG se crearan xa en 1999Premios AELG 2011. (sen distinción por xénero nin modalidade, senón só como recoñecemento ao mellor libro publicado no ano anteriorPremios AELG 2004.), esta modalidade concreta estableceuse en 2005 (con entrega a ano vencido en 2006) e mantívose até 2015, ano no que deixou de celebrarse tras a unión dos respectivos premios da Asociación Galega de Editoras, a AELG e a Federación de Librarías de Galicia, o que deu como resultado a Gala do Libro Galego, cuxa primeira edición aconteceu en 2016.
Traducións premiadas AnoRefírese ao ano de entrega do premio; isto é, o libro foi publicado no ano precedente. Persoa(s) gañadora(s) Obra2006 (I edición)Xesús González GómezA estrela da mañá. Surrealismo e marxismo, de Michael Löwy (Laiovento)2007 (II edición)Eva AlmazánBrooklyn Follies, de Paul Auster (Galaxia)2008 (III edición)Yolanda VilarchaoPoemas canónicos, de Kavafis (Rinoceronte)2009 (IV edición)Gonzalo NavazaAs flores do mal, de Charles Baudelaire (Galaxia) 2010 (V edición)Bartug Aykan e María Alonso SeisdedosO museo da inocencia, de Orhan Pamuk (Galaxia) 2011 (VI edición)Marga do ValRandea o alento, de Herta Müller (Xerais) 2012 (VII edición)Ramón Gutiérrez IzquierdoSonetos, de William Shakespeare (Xerais) 2013 (VIII edición)Darío Xohán CabanaCancioneiro, seguido das rimas dispersas, de Francesco Petrarca (Edicións da Curuxa)2014 (IX edición)Antón Vialle, Eva Almazán, María Alonso Seisdedos e Xavier QueipoUlises, de James Joyce (Galaxia)2015 (X edición)Darío Xohán CabanaA divina comedia, de Dante Alighieri (Edicións da Curuxa)
Notas
AELG