Carmen Hermo Sánchez, nada en Pontevedra o 23 de setembro de 1967, é unha artista plástica e profesora galega.
Traxectoria Estudou o bacharelato no IES Valle-Inclán de Pontevedra, graduouse na Universidade de Salamanca e doutorouse en Belas Artes na Universidade de Vigo. Foi profesora da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, profesora de ensino secundario e profesora asociada na Universidade de Vigo, departamento de Debuxo na Facultade de Belas Artes.
Foi comisaria da exposición permanente do Museo Man de Camelle e directora do proxecto.
Participou en máis de 100 exposicións nacionais e internacionacionais, foi comisaria de varias e participou como xurado en premios.
Proxectos
Márboles: árbores mariñas, mergulladas de toros entrópicos atopados nas praias. Ebrios de amor: namorados, bébedos. Estados de nos que o sentir vai alén da consciencia. Marom@s: maromas, cabos soltos, obxectos desdebuxados do seu propio significado. Deriva: as mareas, o vento e as correntes mariñas traen ás praias restos de madeira. 7paxaros_1ra: vídeo ou pintura. Frames ou cadros. Personaxes ou figuras. GPS vegetak: as árbores materializan na súa forma de crecemento a orientación norte. Sensorrúas: a rúa defragmenta é percibida como un todo grazas ao noso intelecto. Arte y Naturaleza: despois do encontro de Arte y Naturaleza en Camelle da man de Nils Udo, fórmase o grupo Arou, un grupo de artistas. Media-Lie: a realidade mediatizada, as medio verdades. Troncos: polifonía de significantes. La mirada de Superman: o novo espectador: a mirada virtual. Partes: Artistas por UNICEF – Segundo Encontro de Arte e Naturaza no Castelo de Soutomaior. Arquitecturas: proxecto desenvolvido coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e o Colexio de Arquitectos de Galicia. Os Augolla: seres de auga Simultaneidad: conceptualización de elementos icónicos que responden a linguaxes como a daa pintura, l televisión, o cine, a literatura, ou a informática. Mutantes: o fragmento como parte dun todo. Nordesía: exposición organizada pola dirección xeral do CGAC no Centro Conde Duque de Madrid. Silencio: o ensimismamento como xerme dun proceso.
Publicacicións
Pintar en la era digital (2005). Deputación Provincial de Pontevedra. Col. “arte y estética”. 326 páxs. ISBN 9788484572343. Man de Camelle (2018). Kalandraka. 48 páxs. ISBN 9788484644378. Ed. trilingüe. Prólogo de Antón Castro.
Premios
2007: Primeiro premio do certame Arte Xoven Galego, organizado pola Asociación de Artistas Plásticos Gallegos e El Corte Inglés. 2019: Gala do Libro Galego: Premio na categoría de Libro Ilustrado: Man de Camelle, por Carmen Hermo (Kalandraka Editora).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina web persoal de Carmen Hermo Carmen Hermo no Facebook
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1967 Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes