Anastasio Ramón López López, que asinaba como Anastasio R. López, finado en Madrid o 11 de xaneiro de 1913, foi un xornalista galego.
Traxectoria Irmán de Daniel López López. Dirixiu con Ricardo Caruncho a revista La Semana Literaria (1878-1879) e colaborou en Revista de Galicia e La Voz de Galicia. En 1883 creou en Noia o Colexio San Luis Gonzaga,Gaceta de Galicia, 26-6-1883, p. 3. que en 1892 trasladou a Santiago de Compostela.Gaceta de Galicia, 1-9-1892, p. 3. Despois foi funcionario do Ministerio de Facenda na delegación de Pontevedra e posteriormente xefe de negociado e xefe de Administración civil do Ministerio de Facenda en Madrid. Finou en Madrid o 11 de xaneiro de 1913.La Época, 11-1-1913, p. 3.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Finados en 1913 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos