O árabe iemení é un conxunto de variedades do árabe falado no Iemen e no suroeste de Arabia Saudita, así como en Somalia e Djibuti. Polo xeral é considerado como unha variedade moi conservadora, mantendo moitos trazos do árabe clásico que non se observan na maioría dos países de fala árabe.
O árabe iemení pódese dividir en varios grupos dialectais principais, cada un co seu propio vocabulario distintivo e fonoloxía. Os máis importantes destes grupos son o árabe san'ani, o árabe ta'izzi-adeni (tamén chamado árabe iemení do sur ou árabe de Djibuti), o árabe tihamiyya e o árabe hadhrami. O árabe iemení emprégase para as comunicacións diarias e non ten un status oficial; o árabe estándar moderno emprégase con propósitos oficiais, na educación, o comercio e os medios de comunicación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Gravación do árabe iemení
Categoría:Lingua árabe Categoría:Linguas do Iemen