miniatura|400px|O Pico dos cinco dedos, de areísca cuarzosa de Wulingyuan, en Hunan, patrimonio da Humanidade Hunan (en chinés 湖 南, en pinyin: Húnán) é unha provincia situada no centro da China.
Xeografía, historia, etnias e linguas A súa capital e cidade máis grande es Changsha, nas ribeiras do río Xiang. Cunha poboación de pouco máis de 67 millóns de habitantes (datos de 2014), que residen nun territorio de aproximadamente 210 000 km², é a sétima provincia máis poboada da China e a décima provincia máis extensa do país.
O nome de Hunan significa literalmente «sur do lago».Origin of the Names of China's Provinces , People's Daily Online. Este lago ao que se fai referencia é o lago Dongting, no nordeste da provincia. Situada no treito medio da conca do río Yangtzé, limita coas provincias de Hubei ao norte, Jiangxi ao leste, Guangdong e Guangxi ao sur, Guizhou ao oeste e Chongqing ao noroeste.
A zona de Hunan caeu baixo o dominio chinés contra o ano 350 a. C., cando a provincia converteuse en parte do Estado de Chu. Hunan foi o lugar de nacemento do revolucionario comunista chinés Mao Zedong, quen se convirteu no pai fundador da República Popular Chinesa.
Hoxe en día, Hunan é o fogar dalgunhas minorías étnicas, incluídos os tujia e os miao, xunto cos chineses han, que constitúen a maioría da poboación. As variedades de chinés que se falan inclúen o xiang, o gan e o mandarín do suroeste. O sitio de Wulingyuan foi inscrito como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1992.
Demografía
Divisións administrativas Hunan divídese en catorce divisiónes do nivel de prefectura: trece cidades de nivel de prefectura e unha prefectura autónoma: Mapa # Nome Escrita chinesa PinyinTipo300px1Changsha长沙市Chángshā Shì Cidade-prefectura2Changde常德市Chángdé Shì Cidade-prefectura3Chenzhou郴州市Chénzhōu Shì Cidade-prefectura4Hengyang衡阳市Héngyáng Shì Cidade-prefectura5Huaihua怀化市Huáihuà ShìCidade-prefectura6Loudi娄底市Lóudǐ Shì Cidade-prefectura7Shaoyang邵阳市Shàoyáng Shì Cidade-prefectura8Xiangtan湘潭市Xiāngtán Shì Cidade-prefectura9Yiyang益阳市Yìyáng Shì Cidade-prefectura10Yongzhou永州市Yǒngzhōu Shì Cidade-prefectura11Yueyang岳阳市Yuèyáng Shì Cidade-prefectura12Zhangjiajie张家界市Zhāngjiājiè Shì Cidade-prefectura13Zhuzhou株州市Zhūzhōu Shì Ciedade-prefectura14Xiangxi湘西土家族苗族自治州Xiāngxī Tǔjiāzú Miáozú Zìzhìzhōu Prefectura autónoma
As catorce divisións a nivel de prefectura de Hunan subdivídense en 122 divisións a nivel de condado (35 distritos, 17 cidades-condado, 63 condados e 7 condados autónomos). Estas á súa vez comprenden 2 587 divisións a nivel de municipio (1098 pobos, 1 158 municipios, 98 pobos étnicos, 225 subdistritos e oito oficinas públicas de distrito). A finais de 2017, a poboación total era de 68,6 millóns de habitantes.
Áreas urbanas Poboación por áreas urbanas de prefecturas e cidades-condado#CidadeÁrea urbanaÁrea de distritoCidade propiaData censo1Changsha2,963,2183,092,2137,040,9522010-11-01(1)Changsha 230,136523,6602010-11-012Hengyang1,115,6451,133,9677,148,3442010-11-013Zhuzhou999,4041,055,1503,857,1002010-11-01(3)Zhuzhou 94,326383,5982010-11-014Yueyang924,0991,231,5095,476,0842010-11-015Xiangtan903,287960,3032,752,1712010-11-016Changde846,3081,457,4195,714,6232010-11-017Yiyang697,6071,245,5174,307,9332010-11-018Liuyang588,0811,279,4692010-11-019Chenzhou582,971822,5344,583,5312010-11-0110Shaoyang574,527753,1947,071,7352010-11-0111Yongzhou540,9301,020,7155,194,2752010-11-01(12)Ningxiang498,055116,61382010-11-0113Leiyang476,1731,151,5542010-11-0114Huaihua472,687552,6224,741,6732010-11-0115Liling449,067947,3872010-11-0116Loudi425,037496,7443,784,6342010-11-0117Changning332,927810,4472010-11-0118Miluo321,074692,0802010-11-0119Yuanjiang281,097666,2702010-11-0120Zhangjiajie250,489494,5281,478,1492010-11-0121Lianyuan245,360995,5152010-11-0122Lengshuijiang238,275327,1462010-11-0123Linxiang225,054498,3192010-11-0124Zixing215,707337,2942010-11-0125Jishou212,328302,0652010-11-0126Xiangxiang210,799788,2162010-11-0127Hongjiang197,753477,9962010-11-0128Wugang187,436734,8702010-11-0129Jinshi156,230250,8982010-11-0130Shaoshan27,61386,0362010-11-01
Política miniatura|120px|Estatua do mozo Mao Zedong en Hunan.
A política de Hunan está estruturada nun sistema de duplo partido-goberno como todas as demais institucións de goberno da China continental.
O gobernador de Hunan é o funcionario de máis alto rango no goberno popular de Hunan.
Porén, no sistema de goberno de duplo partido-goberno da provincia, o gobernador ten menos poder que o Secretario do Comité Provincial do Partido Comunista Chinés de Hunan, denominado coloquialmente como o "Xefe do PCCh de Hunan".
Cultura A industria cultural de Hunan xerou 87 mil millóns de iuans en valor económico en 2007, e é un importante contribuínte ao crecemento económico da provincia. Esta industria representa o 7,5 % do PIB da rexión.
Idioma O chinés xiang (湘語) é a variedade homónima de chinés que se fala en Hunan. Ademais do chinés xiang, tamén hai outros dialectos e idiomas presentes, como o mandarín do suroeste, o hakka, o waxiang e o shaozhou tuhua. O Nü shu, un sistema de escritura para o shaozhou tuhua, úsase exclusivamente entre mulleres no condado de Jiangyong e áreas veciñas no sur de Hunan.
Gastronomía A cociña de Hunan destaca polo uso case ubicuo de chiles, allos e chalotas. Estes ingredientes dan lugar a un sabor distintivo seco e picante (en chinés 干辣; gān là), con pratos como touciño afumado e carne de res picante rustrida como exemplos principais do sabor.
Música O huaguxi é unha forma local de ópera chinesa que é moi popular na provincia de Hunan.
Notas
Véxase tamén