Diego Alejandro Rolan Silva, nado en Montevideo o 24 de marzo de 1993, é un futbolista uruguaio que xoga de dianteiro no Club Sportivo Cerrito, da Segunda División do Uruguai. Foi 25 veces internacional coa selección uruguaia, coa que marcou 4 goles.

Traxectoria

Defensor Sporting Rolan criouse na canteira do Defensor Sporting, chegando ao primeiro equipo en 2011. O 28 de agosto de 2011, fixo o seu debut oficial nun empate 1-1 contra Cerrito. O 13 de novembro de 2011, marcou o seu primeiro gol oficial contra o Cerro Largo FC. O 23 de setembro, anotou un triplete na vitoria por 4-1 sobre o Progreso. O 17 de novembro, marcou outro hat-trick, esta vez na vitoria por 4-0 fronte a Bella Vista.

Girondins de Bordeos Despois da súa actuación no Campionato Suramericano de Fútbol Sub-20 de 2013, onde marcou catro goles, varios equipos grandes de Europa interesáronse na súa fichaxe. O 11 de febreiro de 2013 asinou un contrato co FC Girondins de Bordeaux da Ligue 1.

Xogou o que restaba desa tempada e catro máis no Girondins, sendo a súa mellor campaña a 2014/15, na que anotou 16 goles en 38 partidos. Xogou un total de 149 partidos co club francés, marcando 38 goles.

Cesión ao Málaga CF No verán de 2017 o Girondins chegou a un acordo co Deportivo da Coruña para o traspaso do futbolista, pero dado que o club galego tiña chea a cota de extracomunitarios, o traspaso adiouse un ano, sendo cedido mentres ao Málaga CF. Xogou 27 partidos co club andaluz, marcando cinco goles, que non serviron para evitar o descenso.

Deportivo da Coruña esquerda|miniatura|200x200px|Rolán co Leganés en 2018. O 17 de xullo de 2018 o Girondins de Bordeos anunciou o traspaso ao Deportivo da Coruña, que acababa de descender á Segunda División. O custo da operación estimouse en 6 millóns de euros.

Cesión ao Leganés Nove días despois, foi cedido ao CD Leganés na primeira división por un ano, cunha cláusula de compra.

Apenas dispuxo de minutos no equipo de Mauricio Pellegrino, participando só en oito partidos e en xaneiro de 2019 deixou o club madrileño para recalar cedido no Deportivo Alavés ata o final de tempada. Cesión ao Alavés Tampouco Abelardo, técnico do equipo vasco, contou moito con el, o que sumado a unha lesión no bíceps, fixo que só xogase 9 partidos, 3 deles como titular.

Cesión ao FC Juárez Na tempada 2019/20 foi cedido ao Fútbol Club Juárez, da Primeira División de México, co que marcou oito goles en 21 partidos.

Tempada co Deportivo Para a tempada 2020/21 o Deportivo da Coruña, descendido a Segunda B, tentou unha nova cesión do uruguaio debido ao alto salario deste, pero non conseguiu a saída do xogador, polo que foi inscrito para disputar co club galego a tempada. Debutou co Deportivo o 29 de novembro de 2020, na xornada 6 fronte ao Racing de Ferrol en Riazor, marcando de penalti no minuto 6 o gol da vitoria (1-0). Disputou un total de cinco partidos, anotando dous goles, e o 2 de febreiro de 2021 anunciouse a súa cesión ata final de tempada ao Pyramids FC da liga exipcia. Co club exipcio xogou oito partidos marcando tres goles.

FC Juárez En agosto de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo FC Juárez, no que xa xogara cedido facía dúas tempadas. Na súa segunda etapa no club mexicano disputou 20 partidos de liga, marcando 4 goles. Trala súa saída do Juárez demandou ao club por incumprimento de contrato e a FIFA fallou ao seu favor, obrigando á entidade a pagarlle máis dun millón de dólares.

Peñarol A continuación regresou ao seu país e en febreiro de 2023 foi anunciado como novo xogador do Peñarol. Afectado por problemas físicos, disputou só oito partidos co club da súa cidade, case todos saíndo dende o banco de suplentes, e catro meses despois da súa chegada rescindiu o seu contrato.

Cerrito Despois de máis de medio ano sen equipo, comezou a adestrar co Atlético Marbella Paraíso, da Primeira Andaluza, e en febreiro de 2024 formalizou ficha co club, pero en abril deixou o equipo sen chegar a debutar. Tras case dous anos de inactividade, en xaneiro de 2026 anunciouse o seu regreso aos campos de fútbol, como novo xogador do Club Sportivo Cerrito, da Segunda División do Uruguai.

Selección nacional Rolán representou á selección de fútbol sub-20 do Uruguai na Copa do Mundo de Fútbol sub-20 de 2011 en Colombia. En 2013 marcou catro goles no Campionato Suramericano de Fútbol Sub-20 na Arxentina, acadando co equipo o terceiro posto e a clasificación para a Copa Mundial Sub-20 da FIFA 2013.

En setembro de 2014 fixo o seu debut coa selección uruguaia absoluta nun amigábel contra Xapón en Sapporo. Deulle a asistencia a Edinson Cavani no primeiro dos dous goles (2–0) fronte aos campións asiáticos. O seu primeiro gol coa selección foi nunha vitoria por 1–2 sobre Chile o 18 de novembro de 2014.

En maio de 2015, Rolán foi incluído na selección do Uruguai para a Copa América 2015 polo adestrador Óscar Tabárez. Levou o número 9, usado normalmente polo suspendido Luis Suárez.

Palmarés

Girondins de Bordeos

Copa de Francia (1): 2013

Notas

Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com . Datos do xogador en transfermarkt.com . Datos do xogador no sitio web oficial do Deportivo da Coruña.

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Uruguai Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Defensor Sporting Club Categoría:Xogadores do FC Girondins de Bordeaux Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do FC Juárez Categoría:Xogadores do Pyramids FC Categoría:Xogadores do CA Peñarol