A arquidiocese de Corfú, Zante e Cefalonia (en ) é unha sé metropolitana sen sufragáneas da Igrexa latina en Grecia. En 2016 tiña 3.820 fieis bautizados, sobre unha poboación total de 120.600 habitantes.

Territorio A arquidiocese ten xurisdición sobre os fieis de rito latino das illas Xónicas, e en particular de Corfú, Zante, Cefalonia, Lefkada, Ítaca e da rexión do Epiro en Grecia.

A sé arquiepiscopal é a cidade de Corfú, onde está a catedral de Santiago e San Cristovo.

O territorio está organizado en 3 parroquias.

Historia A arquidiocese de rito latino de Corfú e as dioceses de Zante e Cefalonia foron erixidas no século XIII, cando pasaron a ser posesións dos Anjou (Corfú e Cefalonia) e da República de Venecia (Zante). As datas de erección son incertas, e as citadas nas fontes son posteriores á elección do primeiro bispo.

Zante e Cefalonia foron orixinalmente sufragáneas da arquidiocese de Corinto, e foron unidas en 1222. Pasaron a ser sufragáneas de Patras antes de 1228, e posteriormente inmediatamente suxeitas á Santa Sé, mais nalgún momento entre 1625 e 1695 pasaron a ser parte da provincia eclesiástica de Corfú. Segundo outras fontes, as dioceses eran xa sufragáneas de Corfú en 1386.

O 3 de xullo de 1919 co breve Cum ex Apostolico do papa Bieito XV as tres sés foron unidas; dende ese momento a sé metropolitana quedou sen sufragáneas.

O 10 de marzo de 1926, co breve Quae rei sacrae de Pío XI a arquidiocese tomou da arquidiocese de Durrës o territorio correspondente coa actual rexión grega do Épiro.

Dende 1992 o arcebispo é tamén administrador apostólico sede vacante da vigairía apostólica de Tesalónica.

Episcopoloxio Bispos de Zante e Cefalonia Domenico de Pupio (23 de marzo de 1430 - c. 1437, finado) Giovanni de Pede (25 de febreiro de 1437 - c. 1443, finado) Giovanni Giacomo, O.E.S.A. (nomeado o 27 de febreiro de 1443) Giovanni di Arcadia (31 de xaneiro de 1458 - c. 1463, finado) Giovanni Antonio Scardemeto (23 de outubro de 1463 - c. 1488, finado) Marco de Franceschi (c. 1488 - 1521, finado) Ferdinando de' Medici (3 de agosto de 1522 - c. 1555, finado) Giovanni Francesco Commendone (25 de outubro de 1555 - c. 1560, renuncia) Giovanni Pietro Delfino, O.S.A. (27 de marzo de 1560 - c. 1574, renuncia) Paolo del Grasso, C.R.L. (14 de xullo de 1574 - 15 de abril de 1589, finado) Domenico Carlo, O.F.M.Conv. (26 de xuño de 1589 -, finado) Raffaele Inviziati (24 de xaneiro de 1597 - 1611, renuncia) Marco Pasqualigo (10 de outubro de 1611 - 1624, finado) Giovanni Michele de Varolis, O.F.M.Conv. (27 de xaneiro de 1625 - 1634, renuncia) Costantino de Rossi, C.R.S. (24 de xuño de 1634 - 13 de agosto de 1640, nomeado bispo de Krk) Giovanni de Rossi (3 de decembro de 1640 - 10 de xullo de 1645, nomeado bispo de Chiron) Francesco Gozzadini (2 de marzo de 1654 - 16 de febreiro de 1673, finado) Giacinto Maria Conigli, O.P. (6 de maio de 1675 - 7 de outubro de 1694, renuncia) Epifanio Fanelli, O.S.B. (19 de setembro de 1695 - finais de 1607, finado) Giovanni Vincenzo de Filippi, O.S.M. (10 de decembro de 1698 - 11 de maio de 1718, nomeado bispo de Caorle) Giovanni Crisostomo Calvi, O.P. (11 de maio de 1718 - 7 de setembro de 1729, nomeado bispo de Montefeltro) Giuseppe Caccia, O.F.M.Obs. (28 de novembro de 1729 - 8 de xaneiro de 1731, nomeado bispo de Trogir) Cesare Bonajuti (22 de xaneiro de 1731 - 27 de febreiro de 1736, nomeado bispo de Hvar) Baldassarre Maria Remondini (27 de febreiro de 1736 - 5 de outubro de 1777, finado) Bernardo Bocchini, O.F.M.Cap. (28 de setembro de 1778 - 16 de xaneiro de 1785, finado) Francesco Mercati (26 de setembro de 1785 - 1804, finado) En 1815 foi nomeado bispo Pacifico Deani, mais rexeitou o cargo ao querer permanecer como frade. Luigi Scacoz, O.F.M.Obs. (8 de agosto de 1815 - 13 de novembro de 1831, renuncia) Luigi Lastaria (4 de novembro de 1831 - 23 de novembro de 1870, finado) Evangelista Boni, O.F.M.Cap. (7 de xuño de 1872 - 23 de xaneiro de 1885, nomeado arcebispo de Corfú) Dionisio Nicolosi (5 de maio de 1885 - 6 de xuño de 1890, nomeado bispo de Quíos)

Arcebispos de Corfú Salviano (c. 1340) Gaddo Pisano (c. 1341) Giovanni della Porta (até o 30 de maio de 1348, nomeado arcebispo de Brindisi) N.N. (dende o 11 de maio de 1359) Francesco Atti (até o 17 de setembro de 1348, nomeado arcebispo de Chiusi) Marc. Contareno, O. Carm. (até a súa renuncia; finado o 14 de novembro de 1410) Giovanni da Amelia (renuncia c. 1378, finado o 11 de xaneiro de 1385) Pietro Budana (15 de xaneiro de 1379 - c. 1386) Nicolò (c. 1386)Administrador apostólico Pino Ordelaffi (1390)Marco Giustiniani (c. 1390 - 1392) Albano Micheli (até o 8 de marzo de 1406, nomeado bispo de Padua) Ilario (finado c. 1414) Giorgio de Cadolfino, O.P. (28 de setembro de 1414 - c. 1428) Eustachio di Leonardi (c. 1428 - c. 1430) Martino Bernardini (1431 - c. 1452) Francesco Gritti (28 de marzo de 1452 - c. 1458)Administrador apostólico Isidoro de Kíiv (1458 - 1459)Pietro Frigerio, O.P. (17 de marzo de 1459 - 1481, finado) Santo Venier (3 de agosto de 1481 - 1514, finado) Cristoforo Marcello (28 de maio de 1514 - 1527, finado) Giacomo Cocco (20 de novembro de 1528 - 1565, finado) Antonio Cocco (1565 - 1577, renuncia) Bernardino Suriano (29 de novembro de 1577 - c. 1583, finado) Maffio Venier (11 de maio de 1583 - c. 1586, finado) Giovanni Balbi, O.F.M.Obs. (14 de xaneiro de 1587 - 1597, finado) Vincenzo Querini (29 de xaneiro de 1597 - 1618, finado) Benedetto Bragadin, O.F.M.Obs. (3 de decembro de 1618 - 1658, finado) Carlo Labia, C.R. (27 de xaneiro de 1659 - 13 de setembro de 1677, nomeado arcebispo de Adria) Marcantonio Barbarigo (6 de xuño de 1678 - 7 de xullo de 1687, nomeado arcebispo de Montefiascone e Corneto) Giorgio Emo (14 de xuño de 1688 - xaneiro de 1705, finado) Augusto Antonio Zacco (15 de novembro de 1706 - 22 de novembro de 1723, nomeado arcebispo de Treviso) Angelo Maria Querini, O.S.B. (22 de novembro de 1723 - 30 de xullo de 1727, nomeado arcebispo de Brescia) Vincenzo Maria Mazzoleni, O.P. (26 de novembro de 1727 - 18 de xuño de 1731, nomeado arcebispo de Poreč) Giovanni Antonio Foscarini, C.R.L. (3 de marzo de 1732 - decembro de 1739, finado) Antonio Nani (18 de abril de 1742 - abril de 1765, finado) Paolo Da Ponte, O.C.D. (5 de agosto de 1765 - 13 de setembro de 1773, confirmado arcebispo de Torcello) Andrea Benedetto Ganassoni, O.S.B. (20 de decembro de 1773 - 12 de xullo de 1779, nomeado arcebispo de Feltre) Francesco Maria Fenzi (20 de setembro de 1779 - 3 de xaneiro de 1816, renuncia) Daolo Augusto Foscolo (8 de marzo de 1816 - 30 de decembro de 1829, finado) Pietro Antonio Nostrano (15 de marzo de 1830 - maio de 1852, finado) Francis Joseph Nicholson, O.C.D. (maio de 1852 - 30 de abril de 1855, finado) Carlo Rivelli (1 de novembro de 1855 - 18 de setembro de 1858, finado) Spyridon Madalenas (23 de setembro de 1860 - 1 de agosto de 1884, finado) Evangelista Boni, O.F.M.Cap. (27 de marzo de 1885 - 19 de agosto de 1897, finado) Antonios Ioannis Vaptistis Delendas (12 de febreiro de 1898 - 29 de abril de 1900, nomeado arcebispo de Atenas) Theodoros Antonios Polito (11 de xuño de 1901 - 23 de setembro de 1911, finado) Dominikos Darmanin (4 de marzo de 1912 - 17 de febreiro de 1919, finado)

Arcebispos de Corfú, Zante e Cefalonia Leonardo Brindisi (3 de xullo de 1919 - 4 de setembro de 1940, finado)Sé vacante (1940 - 1947)Antonios-Grigorios Voutsinos, A.A. (29 de maio de 1947 - 6 de xullo de 1952, renuncia) Sé vacante (1952 - 1962). Administrador apostólico Marios Makrionitis (1952 - 1959).'' Antonios Varthalitis, A.A. (30 de maio de 1962 - 22 de marzo de 2003, retirado) Ioannis Spiteris, O.F.M.Cap. (22 de marzo de 2003 - 14 de setembro de 2020, retirado) Georgios Altouvas (dende o 14 de setembro de 2020)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Catedral de Santiago e San Cristovo Ligazóns externas

Corfu, Zante e Cefalonia Corfu