Alfonso Basterra Camporro, nado en 1964 en Bilbao, é un xornalista español, residente en Santiago de Compostela, condenado, canda a súa esposa, Rosario Porto, polo asasinato da filla adoptiva de ámbolos dous, Asunta Basterra. Traxectoria Nado en Bilbao, trasladouse a Galicia na década de 1980, establecéndose en Santiago de Compostela. Especializado en información económica, colaborou coa prensa local, foi correspondente dun xornal económico nacional e fixo traballos para distintos medios televisivos e radiofónicos.
Casou o 4 de febreiro de 1996 coa avogada Rosario Porto,Misterio y horror: el espeluznante caso del matrimonio que planeó durante meses el crimen de su pequeña hija en infobae.comRosario Porto Ortega, en Feliciano Barrera, edit. (2002): Quién es quien en la Galicia de siglo XXI. Santiago de Compostela: Editorial Compostela, S. A. ISBN 84-8064-113-4, páxs. 458-459. da que posteriormente se divorciou. Ambos os esposos, sen fillos, adoptaron unha nena chinesa dun ano de idade, de nome Fang Yong, orixinaria da cidade de Yongzhou (Hunan), á que lle puxeron o nome de Asunta Fang Yong, máis coñecida como Asunta Basterra.
Asasinato de Asunta
O 21 de setembro de 2013, cando a nena tiña 12 anos, desapareceu. Os seus pais adoptivos denunciaron a súa desaparición na tarde-noite dese mesmo día. Na madrugada do día seguinte, dúas persoas descubriron un cadáver nunha pista forestal da parroquia de San Simón de Ons de Cacheiras, no municipio de Teo (a só 5 km da casa de campo de Rosario Porto en Montouto, tamén en Teo), alertando aos Servizos de Emerxencia, que identificaron o corpo da nena desaparecida. O día 24 de setembro a nai, Rosario Porto, foi detida e investigada por un presunto delito de homicidio. Un día despois tamén o pai, Alfonso Basterra, foi detido e investigado.
O xuíz que se encargou do caso foi José Antonio Vázquez Taín, coñecido pola súa actuación anterior e recente na recuperación do Códice Calixtino (2012) e no caso do accidente ferroviario de Angrois (2013). O caso motivou grande interese e foi obxecto de numerosos reportaxes nos principais medios televisivos españois. De acordo cos datos recollidos durante a investigación, a mesma xirou en torno a unha serie de pistas, entre as que se encontran:
Unhas cordas encontradas na propiedade da nai semellantes ás empregadas para atar o cadáver da menor; A presenza do medicamento ansiolítico Lorazepam en cantidades tóxicas no sangue da nena; O ordenador portátil e o teléfono móbil do pai desapareceron ao iniciarse a investigación, pero alguén colocounos no seu piso máis tarde, despois de presuntamente manipular o disco duro. No xuízo, os peritos non puideron determinar se o ordenador fora manipulado ou non.
En xuño de 2014 o xuíz Vázquez Taín puxo fin á instrución do caso, dando paso ao proceso de apertura de xuízo oral. En outubro, a Sección Sexta da Audiencia provincial da Coruña con sede en Santiago terminou cos últimos trámites xudiciais. A selección do xurado popular iniciouse en maio de 2015, estando previsto o comezo do xuízo para entre o 23 de xuño e o 17 de xullo do mesmo ano, pero producíronse algúns atrasos, e foi finalmente a principios de outubro de 2015 cando se iniciou o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña, con 84 testemuñas e 60 peritos. O 30 de outubro de 2015 o xurado popular designado polo Xulgado de Santiago de Compostela determinou, por unanimidade, como culpábeis tanto a Alfonso Basterra como a Rosario Porto do asasinato de Asunta Basterra. En novembro de 2015, apenas dúas semanas despois de coñecerse o veredicto, coñécese a sentenza contra os pais de Asunta Basterra: 18 anos de cárcere para cada un por un delito de asasinato coa concorrencia da agravante de parentesco.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia corrixiu o veredicto e recoñeceu que non había probas da presenza de Alfonso Basterra no lugar do asasinato, pero aínda así condenouno por planificar e colaborar no crime co mesmo grao de responsabilidade, corrección posteriormente ratificada polo Tribunal Supremo.
En 2017, un documental emitido en Antena 3 mostrou unha foto que puxo en dúbida a posibilidade real de que a testemuña vise a Asunta co seu pai na rúa a tarde do crime.
En 2024, un libro de Julián Peña, El caso Alfonso Basterra, denuncia a desinformación do xuízo dos medios, os sesgos da investigación e os erros lóxicos do veredicto.
O pai segue negando a súa culpabilidade, o que lle impide acceder ao terceiro grao e aos beneficios da prisión.
Obra
En 2025 publicou do cárcere a novela Cito. A novela conta dúas historias de amor en dúas épocas. Ten lugar en Castela e León na década de 1940 e tamén presenta unha viaxe de madurez dun dos protagonistas a Colombia. Un alcalde, agora rico procedente das Américas, envía a Colombia un mozo melancólico cun don especial para o coidado de animais para resolver o problema das vacas da súa vasta propiedade. O mozo necesita unha escusa para evitar o servizo militar. Alí esperta a unha madurez sexual salvaxe que lembra as fazañas xuvenís do alcalde e resolve o problema das "vacas touras" o vacas machos: vacas en celo que se comportan como touros. O doctor Cojoncio Tenazas, alcumado Cito polos seus íntimos, é quen descobre a relación familiar entre os dous protagonistas.
A novela está dedicada á súa filla, o que provocou algunhas críticas.
Notas
Categoría:Xornalistas do País Vasco Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Asasinos