miniatura|dereita|300px|Foz das Xanas.
O desfiladeiro das Xanas, tamén coñecido como Caballada ou das bruxas, recibe o nome das xanas na honra das ninfas da mitoloxía asturiana. Atópase xeograficamente entre os concellos asturianos de Santo Adriano, Quirós e Proaza. Ten unha lonxitude de dous quilómetros e percorre unha senda escavada no monte. Esta era un proxecto para conectar as vilas de Pedroveya, Rebollada e Dosango co val do Trubia. Parte da área recreativa El Molino e termina na ermida de Santo Antonio, volvendo pola ruta de Valdolayés, nun circuíto circular.
Localización miniatura|dereita|300px|Igrexa de Pedroveya. Este desfiladeiro da cordilleira Cantábrica do norte asturiano chega a acadar unha profundidade de ata 80-90 metros. Está tallado na cara oeste dos montes da serra do Aramo polo regato Viescas ou das Xanas que se dirixe no seu descenso nunha sucesión de estratos calcarios e desembocando no río Trubia. Gran parte do seu paseo peonil discorre pola beira dereita do río.
Ecosistema O ecosistema da zona é rico en vexetación, con concentracións de abeleiras, freixos de folla estreita, tileiros, pradairos, carballos, faias e ulmeiros, que envolven a senda. Dentro da fauna, destacan as lontras e os aguaneiros, o que indica o bo estado de conservación das augas, e entre as aves teñen presenza permanente a aguia real, o voitre branco, o azor e o falcón peregrino.
Declarado monumento natural do Principado de Asturias en abril de 2002, conta con duascentas hectáreas da contorna do regato Viescas ou das Xanas. O enclave en xeral reúne un grande interese natural, xeolóxico e xeomorfolóxico que fixo que se incluíse no Inventario de Puntos de Interese Xeolóxico de Asturias.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ruta das Xanas - descrición con imaxes Descrición da ruta e track GPS en Wikiloc
Xanas Categoría:Accidentes xeográficos de Asturias