Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete, e Gabinete de Medallas e Gabinete numismático.
O Gabinete Numismático de Oslo (en noruegués: Myntkabinettet), tamén coñecido como Gabinete Numismático da Universidade de Oslo (Universitetets Myntkabinett) é unha colección pública de moedas e unha institución museística establecida en Oslo, Noruega, en 1817."Myntkabinettet" Oslo Byleksikon."Universitetets Myntkabinett". Store Norske Leksikon.
En 1999 o Myntkabinettet pasou a formar parte da rede de museos de historia cultural da Universidade de Oslo e en 2004 integrouse no Museo de Historia Cultural.
Historia O Gabinete Numismático da Universidade de Oslo fundouse en 1817, a partir da adquisición de 6.000 moedas antigas procedentes da colección real de Copenhague, por iniciativa de Georg Sverdrup, profesor de grego, bibliotecario da universidade e un dos asinantes da constitución norueguesa."The Coin Cabinet". Museum of Cultural History.Løvhaug, J. W. (2012).
Entre 1830 e 1876, coincidindo co período de C. A. Holmboe como segundo director do Gabinete, os fondos da colección aumentaron desde as 9.000 pezas ata superar as 43.000, grazas, en parte, á adquisición de varios dos maiores tesouros de moedas norueguesas da época viquinga, entre os que destacan os coñecidos como tesouro Dæli e tesouro Årstad. miniatura|Foto antiga do interior do Gabinete Numismático de Oslo A partir da década de 1920 a colección seguiu incrementándose a través de novos achados monetarios, adquisicións e diversas doazóns. Unhas das adquisicións máis importantes deste períoro foron a de Fridtjof Nansen e Roald Amundsen, constituída por medallas e condecoracións, e a de Frederik Schjöth, de moedas chinesas.
Xunto coa colección de antigüidades, o gabinete numismático ocupou diversas instalacións universitarias e, cando en 1952 se inaugurou a nova sede da Universidade de Oslo no centro da cidade, este foi instalado na Domus Academica, coñecida como o "Edificio do Reloxo". Ao inaugurarase en 1904 o novo edificio do Museo de Historia Cultural, o Gabinete Numismático pasou a instalarse nel.
A colección A colección actual consta de arredor de 250.000 obxectos relacionados coa moeda, procedentes de todo o mundo e representativos de todas as etapas históricas, e o Gabinete conta cunha biblioteca especializada de 8.000 volumes.
As moedas da Antiga Roma e da Antiga Grecia acadan a cantidade de 20.000 pezas. A moeda viquinga está representada por uns 5.000 exemplares de diversos territorios europeos e arredor de 20.000 norueguesas, a maior parte delas procedentes de diversos achados. Cómpre, a este respecto, ter en conta que o Estado noruegués ten a propiedade de todas as moedas anteriores a 1650 atopadas en achados monetarios, en virtude da Lei do patrimonio cultural do 9 de xuño de 1978."Myntkabinettet". Kulturhistorisk museum.
O Myntkabinettet alberga tamén diversas coleccións de moedas norueguesas e europeas de épocas máis recentes, así como outras moedas, medallas, billetes e condecoracións de todo o mundo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de museos numismáticos Kolbjørn Skaare
Bibliografía Løvhaug, J. W. (2012). "100 år med Historisk museum" ["100 anos do Museo Histórico"]. En Apollon. Forskningsmagasinet. 1 de febreiro.
Ligazóns externas Espazo do Myntkabinettet na web do Kulturhistorish museum
Categoría:Museos de numismática Categoría:Museos de Noruega Categoría:Universidade de Oslo