María Dolores Sánchez Palomino, nada en San Vicente de la Barquera o 11 de setembro de 1961,Ficha en Prabbok é unha profesora e filóloga galega. Traxectoria Estudou no IES Agra do Orzán da Coruña e Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, onde presentou a súa tese de doutoramento dirixida por Constantino García en 1989: O artigo en francés nos séculos XIV e XV. Aproximación a unha historia do concepto: comportamento cos nomes propios e empregos non xenéricos do definido.

Profesora Catedrática da Universidade da Coruña na área de Filoloxía Románica. Dende 2011 imparte clases no European Master of Lexicography e dende 2012 dirixe a Rede de Lexicografía RELE. Codirixe o Dictionnaire Étymologique Roman e o proxecto de deseño e posta en marcha do Dicionario histórico e etimolóxico da lingua galega, no que participan as tres universidades galegas, e as de Zürich (Suíza) e Leipzig (Alemaña).

Comezou a colaborar co Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega en 1990. Participou na elaboración do Vocabulario ortográfico da lingua galega, e foi redactora do Diccionario da lingua galega da RAG e o ILG (1990), do Diccionario da Real Academia Galega (1997) e da revisión e actualización do DRAG, dispoñible en liña dende 2012.

As súas liñas de investigación son a Lexicoloxía, terminoloxía e lexicografía, lingüística románica, historiografía lingüística, lingua galega, lingua francesa, edición e estudo de textos medievais.

Foi elixida académica correspondente en 2004 e académica de número da Real Academia Galega no pleno do 17 de novembro de 2020.La RAG nombra a María Dolores Sánchez Palomino académica de número Ingresou o 17 de decembro de 2022 co discurso Ten sentido unha lexicografía académica bilingüe? [De lexicografía e Academias], respondido por Manuel González González.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha na UDC Ficha no Departamento de Filología Española y Latina da UDC

Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Catedráticos da Universidade da Coruña Categoría:Nados en San Vicente de la Barquera Categoría:Nados en 1961 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes