Aloha Poké é unha franquía española de restaurantes, especializada no prato tradicional hawaiano do poke. A súa sede principal atópase na cidade de Madrid, e ten establecementos noutras cidades como Barcelona, Valencia, Bilbao, Vigo e Pamplona.
Historia miniatura|Exterior dun dos restaurantes de Aloha Poké en Vigo A empresa fundouse no ano 2016 por Carlos Ortiz de Lucas-Baquero e Guillermo Fuente Gil, inaugurando o primeiro establecemento en 2017 no barrio de Chueca en Madrid. Converteuse nun dos primeiros restaurantes especializados no prato tradicional hawaiano do poke en España, inaugurando o seu segundo establecemento en 2018 e creando a primeira franquía de restaurantes de poke no territorio español. Ao final de dito ano, a faturación alcanzou os 2,4, millóns de euros con tres franquías e dous locais propios en Madrid.
En 2019 a empresa inaugurou outros cinco novos locais na capital española, así como en Barcelona, Valencia, Bilbao, Eivisa e Tarrassa, rematando a década con 14 restaurantes e 5,2 millóns de euros faturados. Nese mesmo ano a compañía implementou a utilización de ácido poliláctico ou PLA nas súas cuncas, un material biodegradable, substituíndo plástico tradicional.
No ano 2020 a compañía abriu dous novos locais en Madrid, e novos puntos en Vigo, Pamplona, Xirona, Mallorca, Zaragoza e Gran Canaria. Pechou o ano facturando sete millóns de euros, un 34% máis con respecto ás cifras de 2019.
En 2021 a compañía renovou a súa imaxe de marca cun novo logotipo e cores corporativas, e en xuño abriu unha nova tenda emblemática en Barcelona, localizada na Ronda da Universidade. Durante o ano a marca estableceu sete novas aperturas, nas cidades de Salamanca, Valladolid, Madrid e Barcelona, e rematou cunha facturación de 7,5 millóns de euros, crecendo un 7% con respecto ao ano anterior.
En marzo de 2022, a compañía abrira dúas tendas na capital española, concretamente nos distritos de Ciudad Lineal e Rivas-Vaciamadrid.
Premios e recoñecementos A empresa recibiu o premio Hot Concepts do Grupo Peldaño na categoría de Servizo Rápido en 2019, na cerimonia celebrada o 4 de xullo de 2019 no Teatro Goya de Madrid. En maio de 2020 a compañía foi seleccionada entre os finalistas dos Premios Nacionales de Márketing na categoría de Startups e Pymes.
En decembro do mesmo ano, a empresa gañou tres premios nos Premios Meraki nas categorías de Sostibilidade, Implantación e Adaptabilidade ao Covid-19 e Desenvolvemento de Negocios.
En abril de 2021 deuse a coñecer que a empresa volveu formar parte da lista de nomeadas aos Premios Nacionais de Márketing na categoría de Startups e Pemes, quedando en segunda posición, e o mesmo ano foi galardoada nos VI Premios Marcas de Restauración na categoría de Sostibilidade e Produto, e gañou o Premio PesMes na categoría de Acción Completa de Márketing.
Locais CidadeLocaisMadrid11Barcelona6Valencia1Bilbao1Mallorca1Vigo1Pamplona1Xirona1Zaragoza1Salamanca1Valladolid1
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Empresas de alimentación Categoría:Empresas de España