María Cecilia Martín Iglesias, nada en Salamanca o 18 de novembro de 1920 e finada na mesma cidade o 28 de xaneiro de 2020, foi unha pintora española. Foi a primeira muller en optar ao Premio Castela e León (2012) na súa modalidade de Artes.

Traxectoria Nada en Salamanca, cidade na que pasou a maior parte da súa vida traballando como artista pictórica. Ao longo da súa dilatada traxectoria profesional, foi mestra de varias xeracións de artistas, e demostrou a súa calidade artística até practicamente o final da súa vida.

Nos inicios do século XX as dificultades dunha artista á hora de expor as súas obras e ser recoñecida implicaba facer fronte ás críticas e dificultades dunha época que non aceptaba aínda as mulleres artistas. Martín Iglesias foi unha das mulleres que logrou consolidarse entre as artistas salmantinas a pesar de ditas dificultades, logrando cambiar a situación da arte local.

Formada profesionalmente a través da participación en diferentes certames colectivos nos que realizou os seus primeiros achegamentos ao tenteo para logo progresar con creacións propias da paisaxe rural e algúns retratos. Co tempo situouse entre as pintoras salmantinas máis recoñecidas. Un dos seus primeiros logros foi o segundo premio de pintura obtido na IX Exposición Provincial de Arte do Produtor de Educación y Descanso, obtido en 1949. En 1950 accedeu á Escuela de Bellas Artes de San Fernando en Madrid. Tras licenciarse iniciou unha traxectoria ascendente na que as súas obras foron expostas en diferentes galerías de arte salmantinas: Rembrandt, Miranda, Winker, Timgad e Artis.

Faleceu en Salamanca aos 99 anos o 28 de xaneiro de 2020.

Obras Martín Iglesias non só foi a pintora das paisaxes castelás, senón que tamén prestou atención ao ser humano, xa fose o campesiñado de zonas rurais, como aos habitantes da capital salmantina.

Realizou unha trintena de exposicións individuais en España e no estranxeiro, máis dun centenar de exposicións colectivas dentro e fóra de España. Tamén ilustrou quince libros, ademais das portadas de libros e discos e realización de carteis.

Exposicións

Novembro de 1963, Escuela de San Eloy (Salamanca) Maio de 1970, sala de exposicións do Palacio de Garcigrande, (Salamanca) 1977, sala de exposicións Artis, (Salamanca) 1978, sala de exposicións Winker, (Salamanca) 1982, sala Kreisler, (Barcelona) 1988, salas de exposicións do Palacio de Garcigrande, e Escola San Eloy, (Salamanca) 2000, Palacio da Salina, (Salamanca)

Premios e homenaxes

Recibiu unha decena de premios. Candidata ao Premio Castilla y León (2012) na súa modalidade de Artes. Converteuse na primeira muller que optaba a conseguir este premio. Homenaxeada, xunto coa concelleira Pilar Fernández Labrador e a empresaria e cociñeira Paulina Andrés Lorenzo, polo Concello de Salamanca e o Consello Sectorial da Muller, en conmemoración do Día Internacional da Muller (6 de marzo de 2014). A Deputación de Salamanca publicou en 2019 a segunda edición ampliada e revisada do libro La pintura de María Cecilia Martín, de Pilar Hernández García. O libro foi editado polo servizo de publicacións da área de Cultura da Deputación salmantina.

Notas

Categoría:Nados en Salamanca Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Pintores de España Categoría:Personalidades sen imaxes