Porrúa é unha parroquia do concello de Llanes, no Principado de Asturias. En 2020 tiña unha poboación de 428 habitantes (segundo o INE) repartidos en 9,45 km². Está situada a 4 quilómetros ao suroeste da capital do concello (saída pola estrada Llanes-L´Agüera Meré) e a 2,5 quilómetros de Celoriu (estrada local LL-00). Aséntase á beira da zona boscosa chamada Mañanga. No ano 2005, esta parroquia recibiu o Premio á Vila Exemplar de Asturias e no ano 2008 foi Vila cultural de Europa.
Clima O clima é temperado, con oscilacións térmicas bastante moderadas, con veráns e invernos suaves. As temperaturas medias son de 17 °C no verán e 8,5 °C no inverno.
Demografía
Patrimonio Na praza pública denominada Campu Santuyano (denominación que alude ao santo padroeiro, de posible orixe altomedieval), coñecida tamén como La Bolera, por estar nela a única bolera cuberta (modalidade bolo-palma) da comarca, están situados ademais a igrexa (1905-1906), a escola (1924) e o casino-biblioteca (1928). A carón da devandita praza, con entrada na mesma, atópase o Museo Etnográfico do Oriente de Asturias, de ámbito comarcal.
Festas e eventos Celébrase a festividade de Santuyano e Santa Basilisa, sendo a festa grande a de San Xusto e San Pastor, que ten lugar o segundo domingo de agosto. Tamén se fai o Mercado Tradicional de Porrúa, no que se amosan a artesanía, a música, o folclore e a etnografía da zona. Porrúa conta tamén cunha feira de gando anual.
Barrios El Colláu, El Colláu Molín, La Concha, L' Aguillón, La Boriza, La Cai, La Vega, La Veguina, El Depósitu, Valparón, La Cortina, Serna, Ḥogu la Panadera, Llagu la Corrada, La Jorna, El Molín, La Peral, La Caleya Roque, La Mazuga, La Concha, La Ḥorcada, El Carril, La Pasera, La Corrolada, La Bolera, Sorvilla, La Cerezal, Llacín, Meré, El Coteru, La Peruyal, El Cortixu, La Concha La Ḥorcada, La Portiellina, Caxigal, Ḥuentes, La caleya Don Grigoriu, Carapedru, La Ḥolechada, Llagu Villa.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Parroquias de Llanes