Graccurris, Gracurris, Gracuris ou Graecuris, foi unha cidade romana que se corresponde coa actual Alfaro (A Rioxa) e foi fundada por Tiberio Sempronio Graco no 179 a. C.Roldán Hervás & Wulff Alonso (2001), p. 124Núñez (2002), p. 422 sobre unha cidade ou poboado arévaco, celtibero ou vascón, chamado Ilurce ou Ilurcís,Delgado (1876), p. 246 para asentar a feridos romanos e indíxenas habidos durante a súa campaña contra os Celtiberos.Dictionary of Greek and Roman Geography (1854) William Smith, LLD, Ed. GRACCURRIS O poboado e a posterior cidade romana están asentadas sobre as denominadas Eras de la cárcel (poboado antigo) e Eras de San Martín (expansión da cidade romana), un conxunto de socalcos fluviais na proximidade do río Alhama. Historia Os vestixios arqueolóxicos demostran que debeu estar ocupada dende final do Bronce. Durante o período de conquista, foi unha fiel aliada de Roma aínda que durante as guerras civís entre Caio Mario e Sila, pasárase ao bando popular dirixido por Quinto Sertorio. Cando este foi vencido, pasou a engrosar a clientela de Pompeio na península.
Foi convertida en municipio romano baixo Xulio César ou Augusto, asignada á provincia Hispania Citerior Tarraconensis, pertencendo dentro dela ao Conventus iuridicus Caesaraugustanus.
No Itinerario de Antonino aparece como mansio ou punto intermedio de hospedaría na vía que comunicaba Tarraco con Asturica Augusta, entre Barbariana e Balsione.
Actualmente, consérvanse os restos desta cidade romana no xacemento das Eras de San Martín en Alfaro e, consérvase tamén, un ninfeo do século I nas beiras do río Alhama.
Na época do emperador Tiberio, foi elevada á categoría de municipium e comezou a cuñar moeda,Núñez (2002), p. 423 ases e semises de bronce, co busto do emperador no anverso e un touro mitrado no reverso dos ases e a cabeza do touro mitrado no dos semises.
Tamén se atoparon restos de asentamentos medievais dos séculos IX e X.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Graccurris. Arqueoloxía no termo municipal de Alfaro. 2011. As Eras de San Martín - Graccurris . Atlas do Imperio Romano, situación de Ilurcis.
Categoría:Historia da Rioxa Categoría:Cidades da Roma antiga en España