Domingo Rodríguez Sesmero (nalgunhas ocasións asinaba como Domingo Sesmero), Xaime. "RODRÍGUEZ-SESMERO, Domingo e Alejandro". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada., nado en Medina del Campo o 4 de agosto de 1811 e finado na Coruña o 24 de agosto de 1899, foi un arquitecto castelán que traballou en Galicia.
Traxectoria miniatura|Pazo da Deputación de Pontevedra. miniatura|Primeiro proxecto para a fachada do Teatro Circo Tamberlick de Vigo. Estudou na escola dependente da Real Academia de la Purísima Concepción de Valladolid. Deseñou a casa do concello de Mojados, na súa provincia natal.
En Pontevedra deseñou a igrexa da Nosa Señora dos Praceres e xunto ao seu fillo Alejandro Sesmero deseñou o Pazo da Deputación de Pontevedra.
En Vigo deseñou o Teatro Rosalía de Castro e o Teatro Circo Tamberlick. Tamén dirixiu a restauración da fachada da igrexa de San Marcos de Corcubión. Foi arquitecto da diocese de Tui de 1882 a 1886.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
García Filgueira, M. (2005). "Clasicismo, Neomedievalismo y Eclecticismo en la obra de Domingo Rodríguez Sesmero como arquitecto diocesano de Tui y Santiago de Compostela (1882-1897)". Cuadernos de Estudios Gallegos (CSIC), nº 118.
Outros artigos Alejandro Sesmero
Ligazóns externas , Jesús Ángel. "Domingo Rodríguez Sesmero" . Real Academia da Historia, .
Categoría:Arquitectos de Galicia do século XIX Categoría:Nados en 1811 Categoría:Nados en Medina del Campo Categoría:Finados en 1899