O Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta foi un premio literario de Galicia en lingua galega de literatura infantil e xuvenil convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas, que se concedeu desde 2016. A súa dotación foi de 1.000 euros e a publicación do traballo. Honra a figura do escritor Xosé Neira Vilas.

A partir da 8.ª edición pasou a denominarse Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil, dotado con 6.000 euros e convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas e a Editorial Galaxia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

A Editorial Galaxia publica os traballos gañadores.

Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta 2016: Diario de Brian, o chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez publicado por Edicións Embora 2017: O home de negro, de An Alfaya publicado por Edicións Embora 2018: Detrás dos perdidos, de Pedro Rielo publicado por Edicións Embora 2019: Esca, de Antonio Piñeiro 2020: A conxura, de Diana Varela 2021: Off the record, de Virxilio Rodríguez Vázquez 2022: Cristais rotos de Álvaro Domínguez. 2023: Nove Lúas de Lionel Rexes.

Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil

I edición 2025

Xurado: Juan Andrés Fernández Castro, Rosalía Morlán, Marcos Calveiro, Armando Requeixo e Marta Neira actuando como secretaria. Gañador: Gabriel Romero de Ávila, por Odio. O xurado destacou en Odio “a solidez na construción dun thriller futurista de acción trepidante”.

II edición 2026

Xurado: Armando Requeixo, Rosalía Morlán, Sandra Ferreiro García, Gabriel Romero de Ávila, coa presenza de Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua, e Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas. Gañador: Álvaro Domínguez Rodríguez-Volta, por Ensino para místicas. O xurado salientou a súa hipnótica  recreación dun mundo fantástico arredor dunha escola de maxia na illa de Tambo. Finalista: Irene Rega Jul, por Todo o que fixemos aquela noite. O xurado destacou a súa capacidade para introducirnos nun thriller poderoso protagonizado por un grupo de mozos e mozas que teñen que dar conta dunha morte sorpresiva.

Notas

Xosé Neira Vilas Categoría:Xosé Neira Vilas