José Novas Regueira, nado en Beluso (Bueu) o 21 de setembro de 1921 e finado en Boca Ratón (Florida) o 18 de xuño de 2002,Fallece en Estados Unidos el impulsor y presidente de honor de la Fundación Novas foi un publicista galego.

Traxectoria Emigrou aos Estados Unidos de América con seis anos. Retornou pero volveu marchar en 1936. Traballou en Nova York e cando os Estados Unidos entraron na segunda guerra mundial alistouse na Mariña americana, onde foi tradutor militar conseguindo o grao de capitán. Ao remate da guerra fixo estudos de posgrao e publicidade na Universidade de Columbia. En 1949 foi nomeado director de publicidade internacional de Gillette. Fundou a súa propia axencia de publicidade, e foi pioneiro nas retransmisións deportivas por radio e televisión. Tamén fundou produtoras de TV en Iberoamérica. Desde 1969 estivo vinculada á multinacional da publicidade Leo Burnett como vicepresidente primeiro. En 1993 creou a Fundación Novas para beneficiar á xente de Beluso en lembranza da memoria do seu pai.

Recoñecementos En 1997 foi nomeado fillo predilecto do Concello de Bueu. En 2009 unha praza en Beluso leva o seu nome.José Novas regresa a sus orígenes

Vida persoal

Casou con Patricia Fox, coa que tivo catro fillos, Steven, Robert, Paul e Patricia. En 1988, casou en segundas nupcias con Carmen Cruz. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas José Novas Regueira en Galegos.

Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Filántropos de Galicia

Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2002