Os campionatos rexionais de fútbol foron unha serie de competicións futbolísticas disputadas nos diferentes territorios de España durante a primeira parte do século XX. Algúns comezaron a organizarse de xeito non oficial ou por federacións territoriais primixenias. Coa creación da Real Federación Española de Fútbol, as federacións territoriais afiliadas foron as encargadas de organizar os respectivos campionatos rexionais, que se converteron na vía de clasificación para o Campionato de España. Desapareceron en 1940 converténdose nas divisións rexionais da Liga española (agás nas Canarias, onde non sucedeu ata 1949).

Historia Os primeiros campionatos rexionais comezaron a organizarse antes da existencia dunha federación estatal e mesmo antes da existencia de federacións territoriais. En Cataluña, a Copa Macaya (1901 a 1903) e a Copa F.C. Barcelona (1903) darían paso ao campionato catalán organizado pola Asociación de Clubs de Foot-ball de Barcelona.Spain - List of Champions of Catalonia RSSSF Tamén en 1903, constitúese en Madrid a súa primixenia federación territorial que comeza a organizar un campionato naquela área.Spain - List of Champions of Centro RSSSF En 1905, comeza a disputarse o Campionato de Galicia organizado polo Vigo Foot-ball Club.

Coa creación da Real Federación Española de Fútbol en 1913, os campionatos rexionais organizados polas respectivas federacións territoriais afiliadas convertéronse na vía de acceso ao Campionato de España.

A medida que os campionatos foron crecendo, establecéronse novas categorías dentro dos mesmos, producíndose ascensos e descensos entre elas tal e como aconteceu despois na competición de Liga. Entre 1923 e 1926 os gañadores dos campionatos de segunda categoría disputaron o Campionato de España do grupo B.Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1926-1927. p. 26.

Entre 1931 e 1934 aparecen os campionatos mancomunados, que son organizados por varias federacións territoriais agrupadas, fusionando os seus respectivos campionatos rexionais nun só. Este sistema tamén será aplicado na tempada 1939/40 de xeito excepcional para Guipúscoa, Navarra e Aragón.Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 133.

En 1934 a asemblea da Real Federación Española de Fútbol aprobou unha reestruturación das competicións futbolísticas, mediante a cal se crearon unha serie de Campionatos Superrexionais situados xerarquicamente por riba dos campionatos rexionais organizados polas federacións territoriais que se tiñan disputado tradicionalmente ata aquel momento.Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. pp. 121–124.

En xullo de 1936 estala a Guerra Civil e en outubro a FEF suspende as competicións a nivel estatal, pero permitindo ás federacións territoriais organizar as súas propias competicións oficiais se a situación así o permite. Ao finalizar a guerra, os campionatos disputados durante a mesma en ambas as zonas (sublevada e gobernamental) non foron anulados, aínda que non se tiveron en conta para os efectos de ascensos e descensos de categoría (Circular nº 3 de 12 de agosto de 1939), do mesmo xeito que a situación legal das licenzas de xogadores retrotraeu á existente ao fin da tempada 1935/36 (Asemblea de FEF do 22, 23 e 24 de xullo de 1939).

Tralo fin da guerra, os campionatos superrexionais non foron recuperados, xogándose no seu lugar os tradicionais campionatos rexionais durante a tempada 1939/40. Esta sería a derradeira vez que se disputarían antes da súa supresión. Para a tempada 1940/41, o Comité Directivo da FEF presidido por Luis Saura del Pan (médico e ex xogador do Real Madrid) decidiu suprimir de facto todos os campionatos rexionais, agás nas Canarias, excluíndo de participar nos mesmos aos equipos encadrados no Campionato Nacional de LigaFederación Española de Fútbol. Anuario 1942. pp. 135—139 e modificando o sistema de clasificación para o Campionato de España, que sería outorgada segundo a posición final acadada na propia Liga.Copa del Generalísimo 1941linguasport.com Deste xeito, os campionatos rexionais convertéronse nas división rexionais da Liga española.

Finalmente, a Asemblea da Real Federación Española de Fútbol aceptou o ingreso das Canarias na competición de Liga en xuño de 1949, permitindo o ascenso dende os campionatos tinerfeño e das Palmas á Segunda División.

Listaxe de campionatos

Campionatos rexionais

Campionato de Aragón Dende 1916 se disputaron edicións non oficiais, ata que en 1922 foi fundada a Federación Aragonesa e empezou a organizalo de xeito oficial.Spain - List of Champions of Aragón - Campeonato Regional de Aragón RSSSF

Campionato de Aragón Tempada Campión Notas1916-17Iberia SCNon oficial1917-18Iberia SC1918-19Iberia SC1919-20Iberia SC1920-21Iberia SC1921-22Descoñecido1922-23Iberia SC1923-24RSA Stadium1924-25RSA Stadium1925-26Iberia SC1926-27Iberia SC1927-28Iberia SC1928-29Iberia SC1929-30Iberia SC1930-31Iberia SC1931-32Campionato Mancomunado Centro-Aragón-Castela-Leóne Campionato Mancomunado Guipúscoa-Navarra-Aragón1932-33Campionato Mancomunado Guipúscoa-Navarra-Aragón1933-341934-35Arenas SCFederación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 14.Xerárquicamente por debaixo doSuperrexional Grupo 2º (Castela-Cantabria-Aragón)1935-36Español FCFederación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 12.1936-37Non se disputou1937-381938-39Aviación Nacional1939-40Campionato Mancomunado Guipúscoa-Navarra-Aragón

Campionato de Asturias Dende 1916 foi organizado pola Federación Asturiana.Spain - List of Champions of Asturias - Campeonato Regional de Asturias RSSSF

Campionato de Asturias Tempada Campión Notas1916-17Sporting de Xixón1917-18Sporting de Xixón1918-19Sporting de Xixón1919-20Sporting de Xixón1920-21Sporting de Xixón1921-22Sporting de Xixón1922-23Sporting de Xixón1923-24Sporting de Xixón1924-25Stadium Ovetense1925-26Sporting de Xixón1926-27Sporting de Xixón1927-28Real Oviedo F.C.1928-29Real Oviedo F.C.1929-30Sporting de Xixón1930-31Sporting de Xixón1931-32Campionato Mancomunado Asturias-Cantabria1932-33Oviedo F.C.1933-34Oviedo F.C.1934-35Racing Club LangreanoFederación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 23.Xerárquicamente por debaixo doSuperrexional Grupo 1º (Galicia-Asturias)1935-36Club GijónFederación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 26.1936-37Non se disputou1937-381938-391939-40Sporting de Xixón

Campionato de Baleares A Federación Balear organizou o campionato a partir de 1926.Spain - List of Champions of Baleares - Campeonato Regional Balear RSSSF

Campionato de Baleares Tempada Campión Notas1926-27CD Alfonso XIII1927-28Unión Sportiva Mahón1928-29CD Alfonso XIII1929-30CD Alfonso XIII1930-31CD Alfonso XIII1931-32CD Mallorca1932-33Constancia FC1933-34Constancia FC1934-35Constancia FC1935-36CD Mallorca1936-37CD MallorcaOficialidade dubidosa1937-38CD Mallorca1938-39Constancia FC1939-40Athletic de Palma

Campionato de Biscaia A Federación Biscaína formouse en 1918 coas provincias de Biscaia, Santander e Áraba, trala división da Federación Norte. En 1923 os clubs da provincia de Santander formaron a Federación Cantabra, mentres que Áraba pasou a formar parte da Federación Guipuscoana en 1938.Spain - List of Champions of Norte RSSSF

20px|border|Biscaia Campionato de Biscaia Tempada Campión Notas1918-19Arenas de Getxo1919-20Athletic Club1920-21Athletic Club1921-22Arenas de Getxo1922-23Athletic Club1923-24Athletic Club1924-25Athletic Club1925-26Athletic Club1926-27Arenas de Getxo1927-28Athletic Club1928-29Athletic Club1929-3020px|border|Áraba Deportivo Alavés1930-31Athletic Club1931-32Athletic Club1932-33Athletic Club1933-34Athletic Club1934-35CD GetxoFederación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 117.Xerárquicamente por debaixo doSuperrexional Grupo 3º (Biscaia-Guipúscoa-Navarra)1935-36SD ErandioFederación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 127.1936-37Non se disputou1937-381938-39Athletic Club1939-40Athletic Club

Campionato das Canarias En 1926 creáse a Federación Canaria,Federación Española de Fútbol. Anuario 1931. p. 223.Canary Islands Championship - Campeonato Regional de Canarias RSSSF que organizou o torneo ata 1931, cando se divide en dous, formándose a Federación Tinerfeña e a Federación das Palmas.Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. pp. 84, 109. Dende entón ambas as dúas federacións organizan o seu respectivo campionato rexional, correspondendo inicialmente a representación das Canarias no Campionato de España nos anos pares ao campión tinerfeño e nos impares ao campión das Palmas. A diferenza do resto de campionatos rexionais, que foron convertidos en divisións rexionais da Liga española en 1940, os campionatos rexionais tinerfeño e das Palmas aínda perviviron como campionatos de máxima categoría ata que a Asemblea da Real Federación Española de Fútbol aceptou o ingreso das Canarias na competición de Liga en xuño de 1949, permitindo o ascenso dende os devanditos campionatos á Segunda División. Paralelamente as dúas federacións canarias organizaron en conxunto unha serie de competicións a nivel de todo o arquipélago.Federación Española de Fútbol. Anuario 1947. p. 196.Federación Española de Fútbol. Anuario 1948. p. 206.Federación Española de Fútbol. Anuario 1949. p. 192.

Campionato de Canarias Tempada Campión Notas1911-12Sporting VictoriaNon oficial1911-12Sporting Victoria1913-14Sporting Tenerife1914-15Sporting Tenerife1915-16Sporting Tenerife1916-17Marino FCNon oficial1917-18Non se disputou1918-19CD Gran Canaria1919-20Non se disputou1920-211921-221922-23Marino FC1923-24Santa Catalina CF1924-25Non se disputou1925-261926-27Real Club Victoria1927-28Real Club Victoria1928-29Marino FC1929-30CD Victoria1930-31Anulado

Competicións interrexionais (ata 1949) Competición Tempada Campión Copa de Campións /Campionato das Canarias 1941-4220px|border|As Palmas Real Club VictoriaFederación Española de Fútbol. Anuario 1942. p. 86. 1942-4320px|border|As Palmas Marino FCCampeonato de Canarias - 1943 lahistoriadelfubolcanario.com 1943-4420px|border|As Palmas Real Club VictoriaCampeonato de Canarias - 1944 lahistoriadelfubolcanario.com 1944-4520px|border|As Palmas Marino FCCampeonato de Canarias - 1945 lahistoriadelfubolcanario.com 1945-4620px|border|As Palmas Marino FCCampeonato de Canarias - 1946 lahistoriadelfubolcanario.com 1946-4720px|border|As Palmas Real Club VictoriaCampeonato de Canarias - 1947 lahistoriadelfubolcanario.com 1947-4820px|border|As Palmas Marino FCFederación Española de Fútbol. Anuario 1949. p. 153. 1948-4920px|border|As Palmas Real Club VictoriaCampeonato de Canarias - 1949 lahistoriadelfubolcanario.com Liga Interrexional 1940-4120px|border|Tenerife CD TenerifeLiga Interregional - Temporada 1941 lahistoriadelfubolcanario.com 1941-4220px|border|Tenerife CD Tenerife 1942-4320px|border|Tenerife CD TenerifeFederación Española de Fútbol. Anuario 1947. pp. 204–206. 1943-4420px|border|As Palmas Real Club Victoria 1944-4520px|border|Tenerife Real Hespérides 1945-4620px|border|As Palmas Real Club Victoria 1946-4720px|border|Tenerife CD PriceFederación Española de Fútbol. Anuario 1948. p. 216. 1948-4920px|border|As Palmas Real Club VictoriaLiga Interregional - Temporada 1949 lahistoriadelfubolcanario.com Copa das Canarias 1946-4720px|border|As Palmas Real Club Victoria 1947-4820px|border|Tenerife Real Unión

20px|border|Tenerife Campionato tinerfeño Tempada Campión1931-32CD Tenerife1932-33CD Tenerife1933-34CD Tenerife1934-35CD Tenerife1935-36Unión de TenerifeFederación Española de Fútbol. Anuario 1942. pp. 113–114.1936-37Non se disputou1937-381938-391939-40CD Tenerife1940-41CD Tenerife1941-42Unión de Tenerife1942-43CD Iberia1944-44CD Price1944-45CD Iberia1945-46CD Tenerife1946-47Real Hespérides1947-48Real HespéridesFederación Española de Fútbol. Anuario 1949. p. 200.1948-49Real HespéridesPRIMERA REGIONAL TINERFEÑA 1948-49 arquero-arba.futbolme.net