Güiana participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1948, e dende entón competiu en cada edición dos Xogos de Verán, agás nos Xogos de 1976. O país nunca competiu nos Xogos de Inverno. Nas primeiras 5 participacións apareceron como Güiana Británica. O país gañou unha medalla, un bronce conseguido polo boxeador Michael Anthony nos Xogos de 1980.
A Asociación Olímpica de Güiana foi creada en 1935 e recoñecida polo Comité Olímpico Internacional en 1948.
Táboas coas medallas Medallas nos Xogos de Verán XogosAtletasOuroPrataBronceTotalPosto Londres 1948 4 0 0 0 0 – Helsinqui 1952 1 0 0 0 0 – Melbourne 1956 4 0 0 0 0 – Roma 1960 5 0 0 0 0 – Toquio 1964 1 0 0 0 0 – Cidade de México 1968 5 0 0 0 0 – Múnic 1972 3 0 0 0 0 – Montreal 1976 non participou Moscova 1980 8 0 0 1 1 35 Os Ánxeles 1984 10 0 0 0 0 – Seúl 1988 8 0 0 0 0 – Barcelona 1992 6 0 0 0 0 – Atlanta 1996 7 0 0 0 0 – Sydney 2000 4 0 0 0 0 – Atenas 2004 4 0 0 0 0 – Pequín 2008 4 0 0 0 0 – Londres 2012 6 0 0 0 0 - Río de Xaneiro 2016 6 0 0 0 0 - Toquio 2020 7 0 0 0 0 - París 2024 5 0 0 0 0 - Os Ánxeles 2028 Evento futuro Brisbane 2032 Total 0 0 1 1 151
Medallas por deporte Xogos de Verán DeporteOuroPrataBronceTotal 20px Boxeo 0 0 1 1 Total 0 0 1 1
Lista de medallistas Medalla Nome Xogos Deporte Evento Bronce Michael Anthony Moscova 1980 25px Boxeo Peso galo masculino
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Güiana nos Xogos Olímpicos