Lutz Ilisch, nado en 1950 en Billerbeck, Renania do Norte-Westfalia, é un numismático alemán especialista na moeda medieval do mundo islámico."Ilisch, Lutz". En Coins Weekly. 16 de novembro de 2016.

É o irmán máis novo do tamén numismático e historiador Peter Ilisch.

Traxectoria Logo da súa educación secundaria en Münster, Ilisch cursou Estudos Árabes, Prehistoria e Historia Temperá, así como Ciencias Auxiliares da Historia (especialidade de Numismática) na Universidade de Münster. En 1979 graduouse e recibiu o título de Magister Artium, cunha tese sobre moedas de ofrenda no mundo islámico. Finalmente, en 1985 acadou o seu doutoramento cunha tese sobre a historia do goberno dos artúquidas de Mardin entre mamelucos e mongois, de 1260 a 1410.Véxase (1985) en "Bibliografía".

Como alumno de Peter Berghaus, participou temporalmente no desenvolvemento do proxecto Corpus Nummorum Saeculorum IX-XI qui in Suecia reperti sunt, de catalogación dos tesouros de época viquinga en Suecia, que contiñan importantes cantidades de moedas procedentes do mundo islámico.

Logo da súa graduación, IIlisch tivo contacto coa numismática desde o punto de vista comercial. En 1979 e 1980 colaborou co comerciante de moedas Holger Dombrowski e a partir de 1985 traballou na compañía Münzen und Medalen AG, en Basilea.

Nesa época compaxinou o traballo no sector privado coa docencia na Universidade de Basilea, en Suíza, e na Universidade de Friburgo, en Alemaña.

Posteriormente Ilisch ingresou como profesor de Numismática e de Estudos Islámicos na Universidade de Tubinga. Alí fundou o Centro de Investigación de Numismática Islámica, que dirixiu entre 1990 e 2018. Co apoio económico da Volkswagen Foundation, a universidade adquiriu en 1990 a colección completa de moeda islámica do estadounidense Stephen Album, con arredor de 30.000 exemplares. Baixo a dirección de Ilisch, a colección de moeda islámica instalouse no museo da universidade e foise incrementando ata se converter nunha das máis importantes do mundo no seu xénero, con arredor de 65.000 pezas."Münzsammlung der Islamischen Numismatik ". Universitätssammlungen in Detschland. Esta colección foi publicada dentro da serie Sylloge Numorum Arabicorum Tübingen; os volumes dedicados ás moedas de Palestina e ás de Gazna/Cabul foron galardoados co premio á mellor publicación do ano tanto pola Royal Numismatic Society, de Londres, como pola American Numismatic Society, de Nova York.

Ilisch foi tamén asesor de numismática islámica na Comisión de Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña.

Recoñecementos 1995: Premio Samir Shamma, da Royal Numismatic Society, de Londres. 2017: Medalla da Royal Numismatic Society."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. 2025: Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca."Eckhel-Medaille". Österreichische Numismatische Gesellschaft (Oeng.at).

Publicacións (1985). Die Geschichte der Artuqidenherrschaft von Mardin zwischen Mamluken und Mongolen 1260-1410 AD. Universität, Münster. (1993). Palästina IVa. Bilad aš-Šam I (Sylloge Numorum Arabicorum Tubingen). Ernst Wasmuth, Tubinga. ISBN 3-8030-1100-0 (2003). Dirham und Rappenpfennig: Mittelalterliche Münzprägung in Bergbauregionen (con S. Lorenz, W. B. Stern e H. Steuer). Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-3086-4 (2005). Die mittelalterlichen Fundmünzen, Siegel und Gewichte von Santueri, Mallorca. Münzgalerie München. ISBN 978-3926195029 (2004). Dirham und Rappenpfennig 2: Mittelalterliche Münzprägung in Südwestdeutschland (con S. Lorenz, W. B. Stern e H. Steuer).Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-3299-9 (2015). Die Münzstätte Damaskus, von den Umayyaden bis zu den Mongolen (Sylloge Numorum Arabicorum Tubingen). Ernst Wasmuth, Tubinga. ISBN 9783803011046

Notas

Véxase tamén

Bibliografía "Ilisch, Lutz". En Coins Weekly. 16 de novembro de 2016. Kampmann, U. (2015). "Lutz Ilisch celebrates his 65th birthday". En Coins Weekly. 8 de xullo. Meyer, C. (2014). "Silberschatz für Bernstein und Sklaven ". En Stuttgarter Nachrichten. 2 de febreiro.

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Renania do Norte-Westfalia Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados co premio Samir Shamma Categoría:Galardoados coa medalla Eckhel Categoría:Membros da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Alumnos da Universidade de Münster Categoría:Profesores da Universidade de Basilea Categoría:Profesores da Universidade Albert Ludwig de Friburgo Categoría:Profesores da Universidade de Tubinga Categoría:Personalidades sen imaxes