Ernesto Edilberto Vieito García, nado no Porriño, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Fillo de Domingo Vieito González. Farmacéutico do Porriño. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro do Porriño e elixido primeiro tenente alcalde o 4 de decembro de 1927, na corporación presidida por José Palacios Ramilo.El Pueblo Gallego, 7-12-1927, p. 13. Foi nomeado alcalde do Porriño en 1929. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 volveu ser nomeado alcalde do Porriño o 6 de febreiro de 1949.El Pueblo Gallego, 9-2-1949, p. 2.

Vida privada Casou con Amable Pérez Mayo e foi pai de Amparo, Edilberto, Honorato Román e Amable Vieito Pérez.

Notas

Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Alcaldes do Porriño Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición