Megalampris keyesi é unha especie fósil de peixe osteíctio da clase dos actinopterixios, subclase dos neopterixios, infraclase dos teleósteos, orde dos lampriformes, e familia dos lámpridos, única do xénero Megalampris, que viviu a finais do Oligoceno en Nova Zelandia, hai uns 26 millóns de anos.
Taxonomía Descrición Megalampris keyesi foi descrito en 2006 por Michael D. Gottfried, R. Ewan Fordyce e Seabourne Rust, investigadores da Universidade de Otago, sobre a base de restos fósiles de ósos, especialmente da aleta caudal, encontrados en formacións de rochas calcarias da zona norte de Otago, en Nova Zelandia.
Estes restos están expostos no Museo Otago, en Dunedin, Nova Zelandia.
Características A comparación cos esqueletos das especies vivas dos xénero Lampris, suxiren que medía ao redor de 4 m de lonxitude, que é o dobre da lonxitude das especies vivas dos lámpridos máis grandes, como Lampris guttatus, especie estreitamente relacionada. (Resume). Consultado o 19 de outubro de 2020).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gottfried, Michael D.; Fordyce, R. Ewan & Rust, Seabourne (2006): "Megalampris keyesi, a Giant Moonfish (Teleostei, Lampridiformes) from the Late Oligocene of New Zealand". Journal of Vertebrate Paleontology 6 (3): 544–551.
Outros artigos Lámpridos
Categoría:Teleósteos Categoría:Especies extintas