Gabbanelli Accordions é unha compañía estadounidense dedicada á produción de acordeóns. Foi fundada en 1961 por Gianfranco Gabbanelli (nome en inglés: John Gabbanelli), un inmigrante italiano nacido en Castelfidardo, Italia. Despois do seu pasamento en 2003, o seu fillo Mike Gabbanelli é o presidente da compañía.
Ten a súa sede actual en Houston, Texas, Estados Unidos, e os acordeóns son feitos en Castelfidardo, Italia pola fábrica International Music Company.
Os acordeóns Gabbanellis son tocados por moitos artistas coñecidos da música norteña e tex-mex, como Ramón Ayala, Calibre 50, Los Tucanes de Tijuana, Intocable, Michael Salgado, Los Huracanes del Norte e moitos máis.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial de Gabbanelli
Categoría:Instrumentos de vento