A Subida automobilística a Culleredo foi unha carreira automobilística de montaña disputada anualmente en Culleredo entre os anos 1992 e 2000. Era puntuable para o Campionato de Galicia de Montaña. Historia A primeira edición disputouse en 1992, organizada pola Escuería La Coruña, co patrocinio do Grupo Barrio do piloto Luis Barrio e grazas ao impulso dos pilotos José Luis Santos e José Pose. O vencedor daquela primeira subida foi o campión de España Luis Martínez conducindo unha barqueta Lola BMW, completando o podio o andaluz Tomás Aranda e o asturiano Gerardo Urdangaray. José María Magdaleno, cun Lancia Delta Integrale, foi o máis rápido entre os turismos. A subida disputouse de xeito ininterrompido durante nove anos, puntuando sempre para o Campionato de Galicia de Montaña, ata que no ano 2000 se correu a última edición. O dumbriés Manuel Senra co seu Peugeot 306 foi o último gañador da proba, con Bamarti segundo.

Palmarés AnoNomeVencedorVehículo1992I Subida a Culleredo Luis MartínezLola BMW1993II Subida a Culleredo1994III Subida a Culleredo Pedro RubalFórmula Martini1995IV Subida a Culleredo Andrés VilariñoOsella BMW1996V Subida a Culleredo José Luis SantosOsella BMW1997VI Subida a Culleredo Javier AriasBMW M31998VII Subida a Culleredo Víctor AbrahamMartini MK-341999VIII Subida a Culleredo "Nonito"Fórmula Martini2000IX Subida a Culleredo Manuel SenraPeugeot 306 Maxi

Notas

Culleredo Categoría:Culleredo