Gary Young, nado en Mamaroneck, Nova York, o 3 de maio de 1953 e finado en Stockton, California, o 17 de agosto de 2023, foi un músico e produtor musical estadounidense coñecido por ser o primeiro batería da banda de indie rock Pavement.
Biografía
Gary Young naceu en Mamaroneck, Nova York. O seu pai era enxeñeiro na industria dos plásticos e tiña amplos coñecementos sobre a fibra de carbono. Traballou con Ned Steinberger no desenvolvemento da construción do seu baixo eléctrico.
Carreira Stephen Malkmus (voces, guitarra) e o seu amigo da infancia Scott Kannberg (guitarra, voces) formaron Pavement en Stockton, California, en 1989. O seu primeiro EP, Slay Tracks (1933-1969), gravouse nun estudio local chamado Louder Than You Think, que era propiedade de Young, aparecendo el no EP. Young tamén participaría nos seus dous seguintes EPs, Demolition Plot J-7, e Perfect Sound Forever, publicados respectivamente en 1990 e 1991, así como no seu álbum de estrea lanzado en 1992, Slanted and Enchanted. Young coñezou a gañarlle á banda un certo grao de notoriedade coas súas trasnadas dentro e fóra do escenario. Destacaba por saudar ao público na porta, repartir repolos, puré de patacas ou torradas de canela aos fans, e por facer o pino.
O seu derradeiro lanzamento como membro do grupo foi o EP Watery, Domestic. Posteriormente apareceu en dous temas do EP Major Leagues de Spiral Stairs.
Young foi despedido de Pavement no ano 1993 debido a conflitos con Malkmus e co resto dos membros da banda.
Despois do seu paso por Pavement publicou tres álbums, Hospital, Things We Do for You, e The Grey Album baixo o nome de Gary Young's Hospital. O vídeo musical da súa canción "Plant Man" apareceu no episodio "Skin Trade" da quinta tempada de Beavis and Butthead.
Young foi propietario dun estudio de gravación de última xeración. Tamén desenvolveu e patentou o uso dunha araña para micrófonos universal. Realizounas individualmente e vendeu máis de 13 000 unidades.
Foi clasificado no posto 42 dos 50 mellores baterías de rock pola revista Stylus.
Notas
Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados no condado de Westchester, Nova York Categoría:Baterías Categoría:Finados en 2023