A Sociedade Numismática Austríaca (en alemán: Österreichische Numismatische Gesellschaft –OENG–), con sede en Viena, é unha entidade asociativa establecida en 1870, que agrupa os interesados no estudo e no coleccionismo de moedas e obxectos afíns en Austria."Liebe Freunde der Numismatik! ". Sitio web da OENG."Österreichische Numismatische Gesellschaft". Wien Geschichte Wiki.
Os seus máis de 400 membros teñen acceso a moi diversas actividades, como conferencias, exposicións e viaxes de estudo, así como a unha biblioteca especializada en numismática.
O seu presidente é Michael Beckers e ocupa a vicepresidencia Susanne Sauer."Funktionsvorstand". Sitio web da OENG.
Historia A Österreichische Numismatische Gesellschaft fundouse en Viena o 19 de marzo de 1870 por iniciativa e baixo a dirección do orientalista Josef von Karabacek, o numismático Arnold Luschin von Ebengreuth e o conservador do Gabinete Imperial de Moedas e Antigüidades de Austria, o tamén numismático e arqueólogo Friedrich von Kenner.
Desde 1942, a sociedade ten a súa sede no edificio da Casa da Moeda de Austria.
Publicacións Unha das principais actividades da Sociedade Numismática Austríaca é a edición de publicacións científicas.
Por unha banda, edítase a publicación periódica Numismatische Zeitschrift, unha cabeceira xa existente desde 1869, un ano antes da constitución da Sociedade."NZ-Redaktion ". Sitio web da OENG.
Por outra banda, publícase Mitteilungen der Österreichischen Numismatischen Gesellschaft (MÖNG; "Comunicacións da Sociedade Numismática Austríaca"), con contribucións científicas, recensións de novidades editoriais e informes sobre proxectos de investigación en numismática e nas disciplinas afíns.Táboa de contidos da MÖNG (1937-2014) . Sitio web da OENG. Esta publicación apareceu periodicamente desde 1883 con diferentes títulos e actualmente ten periodicidade semestral."MÖNG-Redaktion ". Sitio web da OENG.
Ademais destas dúas publicacións principais, hai tamén un boletín de noticias."Nachrichtenblatt-Redaktion (2009-2019) ". Sitio web da OENG.
Honras e medallas Destacadas figuras da numismática internacional figuran entre os membros de honra da Sociedade Numismática Austríaca, entre elas: María R. Alföldi (Hungría), Michel Amandry (Francia), Joe Cribb (Reino Unido), William Metcalf (Estados Unidos) ou Bernd Kluge (Alemaña)."Ehrenmitglieder ". Sitio web da OENG.
Medalla Eckhel
Esta condecoración vénse outorgando cunha periodicidade indefinida desde 1958, en homenaxe ao numismático austríaco Joseph Hilarius Eckhel ("pai da ciencia numismática"), a persoas que prestaran servizos destacados ao aspecto científico da numismática."Die Eckhel Medaille ". Sitio web da OENG.
Medalla Schreiner En 1979 outorgouse por vez primeira a medalla Schreiner, para honrar as persoas que fixeran unha contribución especial á Sociedade Numismática Austríaca."Schreiner-Medaille ". Sitio web da OENG.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de asociacións numismáticas
Bibliografía
Koch, B. (1970). "Festschrift 100 Jahre Österreichische Numismatische Gesellschaft. 1870-1970". En Numismatische Zeitschrift. 84/85.
Ligazóns externas
Sitio web da Österreichische Numismatische Gesellschaft
Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Sociedades científicas Categoría:Cultura de Austria Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro