N-4 ou Proton 1 foi unha serie de observatorios espaciais soviéticos adicados ao estudo dos raios cósmicos de alta enerxía.

Características Lanzáronse 4 satélite N-4, todos eles mediante foguetes Proton, cun deles sen conseguir chegar a órbita. Tiñan unha masa de 12.200 kg, usaban paneis solares e eran inxectados en órbitas duns 180 km de perixeo e uns 600 km de apoxeo. A súa misión era investigar os raios cósmicos moi enerxéticos, para o cal usaban calorímetros de ionozación, co que podían observar raios cósmicos de ata 1013 eV. Tamén podían medir a intensidade e o espectro de raios gamma de ata 50 MeV. Aos N-4 seguiulle a serie N-6, que ao final só consistiu nun único satélite.

Historial de lanzamentos

Misión Data de lanzamento Foguete lanzador NotasN-4 116 de xullo de 1965ProtonÉxitoN-4 22 de novembro de 1965 ProtonÉxitoN-4 324 de marzo de 1966ProtonFalloN-4 46 de xullo de 1966 ProtonÉxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Proton N-6

Categoría:Satélites artificiais