Suraĭё Qosimova, nada en Kulob o 22 de abril de 1957, é unha cantante e actriz taxica.

Traxectoria Súa nai, Davlatbi, era cociñeira e seu pai abandonou a familia cando os catro fillos do matrimonio eran aínda cativos, a súa irmá, Sadbarg, é unha recoñecida bailarina. Dúas das fillas de Qosimova, Farzonai Hurshed e Shabnami Surayyo son tamén cantantes famosas "Сурайё Косимова" Ansor"Шабнами Сурае", 24smi.org.

Tras rematar os estudos de secundaria en 1970 formouse como actriz e actuou en numerosas obras de teatro, como Karim Devona de Turakhon Ahmadov, Mukofot de N. Enisenku, Khusrav ba Shirin de M. Tursunzoda e A. Dehoti Nairabghoi Skapen de Molière ou Moçaroi imatihon de Abdusalom Atoboev.

Qosimova canta principalmente cancións populares ao estilo das badehas e cancións de voda, é unha participante habitual de programas musicais de televisión dende a década de 1980. Versionou numerosos poemas, entre as súas cancións máis coñecidas están "Ba man oiad" (poema de Rudaki, música de A. Odinaev), "Bahtonomai mo" (poema de M. Haidarsho, música de M. Mirov), "Vatan" (poema de H. Goib, música de D. Kholov), " Medonam ”(poema de M. Hakimova, música de J. Obidpur), “Didori ier ”(poema de Hafiz, música de T. Iunusov) que se tornaron populares en Tadjiikistán e mais tamén realizou xiras por Afganistán, Irán, Iemen, Paquistán ou Mongolia.

Notas

Categoría:Cantantes de Tadjiikistán Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Tadjiikistán Categoría:Actores de Tadjiikistán