O Anxo é un lugar da parroquia de Pazos de Reis, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 170 habitantes (78 homes e 92 mulleres), un descenso de 6 habitantes respecto ao ano 1999.
Toponimia O topónimo O Anxo débese á presenza no lugar da capela do Anxo da Garda. .
Patrimonio Capela do Anxo da Garda (s. XVII): foi construída no ano 1650. A estrutura é de planta rectangular e cuberta a dúas augas. Palco de Música I (s. XX) Palco de Música II (s. XX)
Lugares e parroquias
Lugares de Pazos de Reis
Parroquias de Tui
Notas
Categoría:Lugares de Tui