Daniela Ospina Ramírez, nada en Itagüí o 22 de setembro de 1992, é unha modelo e empresaria colombiana, antiga xogadora de voleibol.
Traxectoria Daniela naceu no seo dunha familia afeccionada ao deporte, seu irmán máis novo é David Ospina, porteiro do Napoli e da selección colombiana de fútbol. Afeccionada ao voleibol o seu primeiro equipo foi o Itagüí Voleibol Club e posteriormente xogou no Sabaneta Voleibol Club, o Club Leca de Portugal e o seu último equipo foi o Voley Playa Madrid que deixou en 2017. Formou parte das seleccións de voleibol de Antioquia e de Colombia.
No ano 2016 debutou como modelo facendo en campañas para a marca de roupa deportiva BrandFit Colombia e tamén como imaxe principal da marca de vaqueiros de Colombia, Joy Staz Jeans e da empresa de maquillaxe Nácar Make-Up, xunto coa presentadora de Caracol TV, Vanessa Peláez.
Participou na versión colombiana de Bailando con las Estrelas que emitiu RCN Televisión en 2016, e permaneceu no concurso durante un mes ata que a eliminaron. En 2016 graduouse en administración de empresas na Institución Universitaria Politécnico Grancolombiano.
En 2017 quitou a súa propia liña de roupa deportiva co nome de Danfive e que a partir de 2018 conta con tendas físicas . Dende 2019 colabora co programa de radio El VBar da emisora colombiana Caracol
Entre 2010 e 2017 estivo casada co xogador do Everton FC e da selección colombiana, James Rodríguez e tras o seu divorcio foi vivir a Medellín coa súa filla e en 2019 aveciñouse en Miami.
Notas
Categoría:Modelos femininas de Colombia Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados no departamento de Antioquia Categoría:Xogadores de voleibol de Colombia Categoría:Personalidades da radio Categoría:Personalidades da empresa