Enrique Gómez Pato, coñecido como O Pato, nado en México o 10 de agosto de 1922 e finado en Verín o 17 de decembro de 1979, foi un xoieiro, xornalista e escritor galego.

Traxectoria

De familia orixinaria de Nogueira de Ramuín, que emigrou a Cuba. Naceu en México cando a familia retornaba da emigración. Críouse na rúa Santo Domingo de Ourense onde aprendeu o oficio de xoieiro. Despois trasladouse a Verín onde montou unha xoiería. Foi correspondente de La Noche e La Región en Verín. É autor de dúas obras de teatro, EstreliñaLa Región, 2-12-1960, p. 7. e Os dous irmáns, que se representaron na provincia de Ourense; publicou en La Región algúns diálogos dramáticos como "Conto do Bras".La Región, 13-11-1960, p. 7, 11. Impulsou os maios de Verín en 1951 e foi promotor da homenaxe aos afiadores.El Pueblo Gallego, 31-3-1963, p. 2. Recoñecementos Recibiu o premio Adolfo Estévez de xornalismo en 1960, polo artigo "Héroes en el anonimato: o porco".La Región, 19-6-1960, p. 3. O Concello de Verín convoca dende 1986 un certame literario para a redacción das coplas dos maios que leva o seu nome. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Gómez Pato, más que humor El documental sobre Gómez Pato se proyectará el lunes Pato e Romero, contra o olvido

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en México Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1979