Lillian Kemper, máis coñecida co sobrenome artístico de Lillian Sanderson, nada en Herman o 13 de xaneiro de 1866 e finada en Dresden o 9 de abril de 1947, foi unha cantante e profesora estadounidense que fixo carreira en Alemaña.

Traxectoria Naceu na vila de Herman (condado de Dogde, en Wisconsin), e foi a bisneta por parte de nai do fundador da localidade, de orixe alemá e procedente de Hamelin. En 1880 marchou a Europa para estudar no Conservatorio Hoch de Frankfurt baixo a dirección de Julius Stockhausen. Debutou en 1890 en Berlín coa Berliner Philharmoniker.

Entre 1891 e 1900 realizou unha intensa actividade musical por Europa, con cinco xiras europeas que atinxiron Alemaña, Austria, Suecia e mais Noruega, principalmente acompañada polo pianista Ernest Hoffzimmer e no sur de Alemaña pola pianista Clotilde Kleeberg. Actuou tres veces na cidade natal do avó e, en recordo da súa orixe, dedicou a recadación dos concertos á mellora da cidade; a doazón resultou tan significativa que en Hamelin se levantou unha placa coa inscrición "Á mestra de canto en veneración" (Meisterin des Gesanges in Verehrung). Na súa época estivo considerda unha das grandes voces da Alemaña imperialWiebke Kanz. Erinnerung an eine Diva der Kaiserzeit // Deister- und Weserzeitung, 16 de novembro de 2012.

En 1900 casou co pintor Richard Müller e deixou de dar concertos para se centrar na docencia. Durante a época nazi negouse a renunciar á cidadanía estadounidense e o réxime expropioulle as súas propiedades e sen ser rehabilitada polas autoridades comunistas morreu na pobreza no barrio de Loschwitz de Dresden. Notas

Categoría:Finados en 1947 Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Nados en 1866 Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América