Zilola Bahodirovna Musayeva, nada en Fergana o 28 de xullo de 1979 e máis coñecida polo nome artístico de Shahzoda, é unha cantante a actriz uzbeka.
Traxectoria miniatura|Shahzoda durante un concerto en Bichkek en 2019 Ao pouco de nacer, en 1980, por mor do traballo de seu pai, o sociólogo e filósofo Bahodir Musayev a familia aveciñouse en Moscova e Shahzoda viviu alí ata que en 1987 se estableceu en Tashkent. No instituto coñecera a Aziza Halilova coa que formou tras pasar un par de anos nunha universidade de Kíiv a banda de pop Jonim, que se fixo famosa coa canción "Qarama ko'zlarimga" en 1999. O ano seguinte a banda desfíxose, e as dúas compoñentes, Aziza e Shahzoda, comezaron carreiras en solitario, e así xa como Shahzoda publicou en 2002 o seu primeiro sinxelo "Bor ekan" que se converteu nun éxito en Uzbekistán e que a animou a publicar un álbum, co título homónimo ao do sinxelo.
O seu segundo álbum Baxt bo'ladi apareceu en 2003 e foi tamén un éxito. O terceiro, Keragimsan, saíu en 2004 e como os anteriores foi un éxito de vendas. Tamén foron éxitos en radio e televisión os sinxelos "Baxtliman", "Sevgi" e "Tamannozi". Realizou un dueto, "Qayt", co rapeiro Shohruh, que recibiu opinións positivas da crítica. O seu sinxelo "Hayot ayt" formou parte da banda sonora do filme Fotima va Zuhra que protagonizou a propia Shahzoda. O cuarto álbum Baxtliman saíu en 2005
Ademais de en uzbeco, tamén cantou temas en taxico como "Manu tanho" e "Naghz mebinam" que tiveron boa acollida en Taxiquistán. Tamén gozaron de certa fama en Rusia os seus sinxelos en ruso "1000 i Odna Noch" e "Mezhdu Nebom i Zemley", en colaboración co Dj Smash e que chegou en 2009 á oitava posición das listas da Muz-TV e a partir de 2012 principiou a lanzar cancións en inglés, como "Afghana", "All Alone feat Akcent" e "Flying Tonight". Para alén tamén gravou cancións en persa e casaco. As súas cancións son no estilo pop occidental con algúns elementos da música tradicional uzbeka e é popular na antigas repúblicas soviéticas de Asia central.
Como actriz Shahzoda interpretou papeis destacados en varios filmes uzbekos. Protagonizou en 2006 Fotima va Zuhra, con boa recadación no país e tamén realizou papeis principais en Zumrad va Qimmat en 2007 e en O Maryam, Maryam en 2012.
Álbums Ano Título2002Bor ekan2004Baxt boʻladi2004Keragimsan2005Baxtliman2007Assalomu alaykum2009Sevgi bor2009Unutmadim2009Между небом и землёй2010Tilayman2011Qora koʻzlaring2012All Alone2013Bu Muhabbat2014Sen Menga Kerak2015Rahmat Hayot2017Xasta2018Bir Muhabbat Qissasi2019Chunki bu Biz
Notas
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Uzbekistán Categoría:Cantantes de Uzbekistán Categoría:Actores de Uzbekistán