O Kärpät Naiset, ou simplemente Kärpät, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Oulu (Finlandia). Actualmente compite na Auroraliiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés.

Foi fundado a principios da década de 1990, e na tempada 1994-95 debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. Con tres campionatos, conquistados nas tempadas 2011-12, 2016-17 e 2017-18, sete medallas de prata e outras sete de bronce, Kärpät é un dos equipos femininos máis exitosos do país.

Historia A práctica do hóckey sobre xeo en categoría feminina en Kärpät comezou na tempada 1990-91, cando anunciou que crearía un equipo de nenas e comezou a procura de xogadoras. Inicialmente o equipo xogou na liga distrital de nenos.

Na tempada 1992-93 participou por primeira vez na liga, xogando no grupo tres da I-divisioona xunto co SoPan, Te-Kin, KaTen, PaKan, EtPon e KeKin. As achegas de Anne Haapalainen (14+5=19), Annakaisa Pahkala (10+8=18) e Sari Räisänen (5+2=7) axudaron ao equipo a finalizar a liga na terceira posición.

Non foi ata a tempada 1994-95 cando o equipo debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia, daquela denominada Naisten SM-sarja. Na súa primeira tempada entre os mellores equipos do país nórdico salientaron Katja Riipi, Sanna Lankosaari e Niina Siren.

Estadio

miniatura|O Oulun Energia Areena. As Kärpät, como o equipo masculino do club, xogan os seus partidos como locais no Oulun Energia Areena, situado no Centro Deportivo de Raksila, no distrito homónimo da cidade de Oulu. O estadio foi construído en 1975, aínda que experimentou varias reformas nos anos 1988, 1994 e 2004. O Oulun Energia Areena ten capacidade para 6 050 persoas, das cales 4 301 localidades son sentadas, 1 749 localidades son de pé e outras como zonas para persoas discapacitadas, e conta con 12 palcos. En 2006, o principal arrendatario da sala, o equipo masculino dos Kärpät, nomeou o estadio "Oulun Energia Areena". O cambio de nome foi posible grazas a unha resolución da cidade en 2003, pola cal os principais arrendatarios da sala podían vender o nome do local.Kaleva 13 de setembro de 2006, p. 5

Personalidades Xogadoras Cadro actual

Números retirados O 23 de novembro de 2024 Saija Tarkki converteuse na primeira muller en ser retirado o seu número das Kärpät Naiset, recoñecendo deste xeito os máis de 20 anos de carreira da xogadora nada en Oulu, cuxo número 20 pasou a pendurar do teito do Oulun Energia Areena. Con motivo da retirada do seu número, o club de Oulu organizou unha xornada de homenaxe á xogadora que comezou xa pola mañá coa cerimonia de retirada, á cal seguiu o partido da Auroraliiga ente as Kärpät e o Ilves, e pechouse co enfrontamento da liga masculina entre o equipo local e o HPK.

Números retirados das Kärpät Naiset NºXogadorPosiciónCarreiraReferencias 20 Saija Tarkki F 1997-20102011-2019

Palmarés Trofeos colectivos miniatura|A Aurora Borealis Malja. SM-sarja/Naisten liiga A Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición. Kärpät Naiset gañou un total de tres veces o trofeo: 2012, 2017 e 2018. 7 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1996, 1998, 2000, 2001, 2003, 2006 e 2007. 6 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2002, 2004, 2005, 2008, 2011, 2013, 2019 e 2022.

IIHF European Women's Champions Cup Bronce: 2013

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Oulun Kärpät

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Kärpät Naiset