miniatura|Juan Maldacena Juan Martín Maldacena (Caballito, Bos Aires, 10 de setembro de 1968) é un físico teórico arxentino. O seu campo principal é a teoría de supercordas —ou Teoría M—, na que en 1997 publicou a coñecida como «conxetura de Maldacena», «dualidade de Maldacena» ou correspondencia AdS/CFT (anti-de Sitter/conformal field theory),Maldacena, Juan Martín (22 de enero de 1998). «The Large N Limit of Superconformal Field Theories and Supergravity». Adv. Theor. Math. Phys. 2:231-252,1998. Consultado el 28 de marzo de 2018. https://arxiv.org/pdf/hep-th/9711200.pdf que propón a equivalencia entre teorías de gravidade cuántica e calquera teoría conforme de campos baixo determinadas condicións que satisfán o principio holográfico.
Formación Estudou na Universidade de Bos Aires, e logo no Instituto Balseiro en Bariloche, ata o 1991. Pasou despois a Princeton, onde comezou a colaboración con Nathan Seiberg e se graduou en 1996.
En 2020 é físico no Institute for Advanced Study en Princeton, Nova Jersey, USA.
Premios
Sloan Fellowship (1998) Packard Fellowship (1998) Premio Unesco Husain para mozas e mozos científicos (1999) Bolsas MacArthur (1999) Premio Sackler en física (2000) Premio Xanthopoulos en Relatividade Xeral (2001) Medalla Pío XII (2002) Premio APS Bouchet (2004) Premio Dannie Heineman de Física Matemática (2007) Premio Dirac (2008) Medalla Oskar Klein (2012) Premio Pomeranchuk (2012) Premio en Física Fundamental de Yuri Milner (2012) Premio Konex en Física e Astronomía (2013) Medalla Lorentz (2018) Medalla Albert Einstein (2018) Medalla Galileo Galilei (2019)
Notas
Categoría:Mecánica cuántica Categoría:Alumnos da Universidade Rutgers