O Equipo Olímpico de Refuxiados competiu nos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro, no Brasil, entre o 5 e o 21 de agosto de 2016, como Participantes Olímpicos independentes. En marzo de 2016, o presidente do Comité Olímpico Internacional (COI), Thomas Bach, declarou que o COI escollería entre cinco e dez deportistas refuxiados para competir nos Xogos de Río no contexto da "crise mundial dos refuxiados", da cal a crise migratoria en Europa é unha parte prominente. Os atletas competiron baixo a bandeira olímpica. Nun principio, foron chamados "Equipo de Atletas Olímpicos Refuxiados", co código ROA, mais foi actualizado a Equipo Olímpico de Refuxiados co código de país ROT.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Participantes Independentes nos Xogos Olímpicos Categoría:Premios Princesa de Asturias dos Deportes