Eufrosina de Polack (, nada como Predslava probablemente en Viciebsk ca. 1104 e finada en Xerusalén entre o 23 e o 25 de maio de 1167, foi unha nobre do principado de Polack, filla do príncipe Sviatoslav de Polack, venerada como santa entre os ortodoxos, en particular os de Belarús, Ucraína e Rusia; a súa festa celébrase o 23 de maio e tamén a veneran tradicionalmente os católicos.

Traxectoria Existe moi pouca documentación da época sobre ela e gran parte dos feitos da súa vida proceden dunha haxiografía, unha vida de Santa Eufrosina de Polock, que se escribiu na segunda metade do século XII.

Predslava naceu no seu dunha familia nobre Rúrika que gobernaban o principado de Polotsk, no que é a moderna Belarús. Seu pai era o príncipe Sviatoslav-Georgy Vseslavich, fillo Vseslav de Polack. Segundo a "Vida" tiña dous irmáns, Gardislava e David.

Recibiu unha relativa boa educación e con doce anos seu pai intentou casala pero ela rexeitou todas as proposicións que lle fixo e en segredo tomou os votos nun mosteiroSegundo a tradición no mosteiro de Polotsk. Non obstante, Malnikov afirma que non había mosteiro relevante ningún nesa localidade: Melnikov, A. (1995). «Жыціе» і жыціё Еўфрасінні, ігуменні Полацкай. pp. 42-48 que tiña como abadesa á viúva dun tío seu, que ao primeiro, segundo a tradición, desaprobou a súa decisión pero que acabou por acollela como freira co nome de Eufrosina. Contra finais da década de 1110 pronuncia os votos selemnes (skhima) e coa bendición do bispo de Polack, estableceuse nunha cela próxima á catedral de Sofía de Polack, onde se dedicou á copia de manuscritos.

Arredor de 1128Kulaguin, A. M. (2001) Праваслаўныя храмы на Беларусі, p. 165 o bispo Elías de Polotsk confioulle a Eufrosina a tarefa de organizar un mosteiro feminino nos arredores de Polack, nas beiras do río Palata e no novo mosteiro aprendeulle ás freiras a copiar libros, cantar ou coser. En 1160 pola súa iniciativa iniciouse a construción da Igrexa do Santo Salvador ao lado do mosteiro e que posteriormente levaría o seu nome.

Cara ao final da súa vida, realizou unha peregrinación a Constantinopla e a Terra Santa. Realizou a viaxe por terra e non pola ruta tradicional comercial dos varegos.Melnikov, A. (1995). «Жыціе» і жыціё Еўфрасінні, ігуменні Полацкай. pp. 30 De camiño a Constantinopla reuniuse co emperador Manuel que estaba en campaña contra dos húngaros. Xa en Constantinopla o patriarca deulle unha icona da Theotokos, agora denominada Virxe de Korsun. O rei cruzado, Amalrico I de Xerusalén, tamén a recibiu á súa chegada á Terra Santa, e alí morreu en 1167.

Reliquias miniatura|Traslado das reliquias de Santa Eufrosina a Polack (1910) O seu corpo levárono os monxes, tras a conquista de Xerusalén por Saladino en 1187, a Kíiv e quedou depositado no Mosteiro das GrutasŽakevič, E. E. (1995) Мысліцелі і асветнікі Беларусі: Энцыкл. даведнік, p. 16 ata que en 1910 as reliquias se depositaron na cidade na que se consideraba que nacera segundo a tradición, Polack, tras peticións infrutuosas dos bispos de Viciebsk e Polock ao longo do século XIX e a transferencia dunha parte das reliquias en 1871. Durante a evacuación de 1915 da localidade no decurso da primeira guerra mundial as reliquias leváronse a Rostov e tras a revolución de 1917 acabaron nunha exposición ateísta en Moscova mais volveron para se expoñer no Museo de Historia Rexional de Viciebsk. Durante a ocupación alemá, os fieis transladaron os restos á catedral de Viciebsk e o 23 de abril de 1943 volveron a Polock.

Veneración miniatura|Monumento a Eufrosina en Polack A súa festa celébrase o 23 de maio.Venerable Euphrosyne the Abbess of Polotsk. OCA - Feasts and Saints. A súa veneración comezou a fins do século XII, cando se escribiu a haxiografía sobre a súa vida, quizais antes de 1187 e nun dos mosteiros fundados por Eurofrosina, e o seu culto non se espallou fóra da súa rexión ata o século XVI cando se sistematizou a haxiografía das santas da ortodoxia rusa nos concilios locais da igrexa ortodoxa rusa de 1547 e 1549. Non obstante, non foi ata 1893 que se recoñeceu o servizo de Santa Eufrosina.Melnikov, A. (1995). «Жыціе» і жыціё Еўфрасінні, ігуменні Полацкай. pp. 22

Eufrosina de Polotsk está considerada unha santa patroa de Belarús e alí existe un convento de Santa Eufrosina en Polack mais unha igrexa ortodoxa a ela dedicada en Minsk,Saint Euphrosyne Orthodox Church, Minsk at orthodox-world.org tamén conta con igrexas titulares en Toronto, Vilniusorthodox-world.org Saint Euphrosyne Orthodox Church, Vilnius e South River (Nova Jersey)

Notas

Categoría:Finados en 1167 Categoría:Nados en 1104 Categoría:Santos da ortodoxia Categoría:Monxes ortodoxos Categoría:Personalidades da ortodoxia de Belarús Categoría:Nados en Viciebsk