Ulf Dietrich Merbold, nado en Greiz (Alemaña) o 20 de xuño de 1941, é un astronauta alemán que formou parte das misións STS-9, STS-42, Soiuz TM-20 e Soiuz TM-19.
Traxectoria Merbold graduouse en física pola Universidade de Stuttgart en 1968 e ten un doutoramento na mesma materia.
Participou nas misións STS-9 (converténdose no primeiro tripulante non estadounidense do transbordador espacial, neste caso, promovido pola ESA), STS-42, Soiuz TM-20 e Soiuz TM-19, pasando un total de 49,90 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-9 STS-42 Soiuz TM-20 Soiuz TM-19
Categoría:Astronautas de Alemaña Categoría:Nados en 1941