Alejandro Rodríguez Cobelas, finado en Ourense o 8 de novembro de 1933,Necrolóxica en La Zarpa 9-11-1933, p. 3. foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria Procurador dos tribunais en Ourense. Foi redactor de El Derecho e correspondente en Ourense de La Revista Popular.La Revista Popular, 1-10-1904, p. 16. Militante do Partido Conservador, foi concelleiro de Ourense dende 1904, cidade da que chegou a ser alcalde. Foi presidente da Sociedad Artística de Ourense (1914),Noticiero de Vigo, 30-12-1914, p. 1, presidente honorario da Sociedad Deportiva Victoria creada en 1920, presidente do coro galego Os Enxebres (1919-1921 e 1927)La Zarpa, 10-8-1927, p. 1. e do orfeón Unión Orensana (1926).El Progreso, 17-8-1926, p. 3.
Vida persoal
Casou con Carmen Veiras Carballo en 1892,El Eco de Galicia, 21-7-1892, p. 2. e foi pai de Felisa, Alejandro e María del Carmen Rodríguez Veiras. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Os Enxebres, un coro con historia
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1933