Este artigo é sobre o filme do ano 1984. Para a versión de 2012 véxase Red Dawn (filme de 2012).Amencer vermello'' (en ) é un filme estadounidense de 1984 dirixido por John Milius, cun guión de Kevin Reynolds e Milius. Está protagonizado por Patrick Swayze, Charlie Sheen, C. Thomas Howell, Lea Thompson, Jennifer Grey, Ben Johnson, Harry Dean Stanton, Ron O'Neal, William Smith e Powers Boothe.
O filme conta como os Estados Unidos son invadidos pola Unión Soviética e os seus aliados en Cuba e Nicaragua. Porén, existe un contexto baseado na terceira guerra mundial que non está completamente elaborado. O argumento céntrase nun grupo de estudantes de secundaria que resisten a ocupación con loita de guerrillas, chamándose a si mesmos "Wolverines", como a mascota do seu instituto.
Estreouse en galego o 13 de xaneiro de 1993 a través da TVG.La Voz de Galicia, 13 de xaneiro de 1993. Páx. 63
Personaxes
Patrick Swayze como Jed Eckert C. Thomas Howell como Robert Morris Lea Thompson como Erica Mason Charlie Sheen como Matt Eckert Darren Dalton como Daryl Bates Jennifer Grey como Toni Mason Brad Savage como Danny Doug Toby como Arturo "Aardvark" Mondragon Powers Boothe como Tenente Coronel Andrew "Andy" Tanner, USAF Ben Johnson como Mr. Jack Mason Lois Kimbrell como Mrs. Mason Harry Dean Stanton como Mr. Tom Eckert Ron O'Neal como Coronel Ernesto Bella William Smith como Coronel Strelnikov Vladek Sheybal como Xeneral Bratchenko Frank McRae como Mr. Teasdale Roy Jenson como Mr. Samuel Morris Pepe Serna como Mr. Mondragon Lane Smith como Comandante Bates Judd Omen como capitán nicaraguano Radames Pera como Sarxento Stepan Gorsky
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1984 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por John Milius Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes rodados en Novo México Categoría:Filmes ambientados en Colorado Categoría:Filmes ambientados en 1989 Categoría:Filmes con banda sonora de Basil Poledouris Categoría:Filmes sobre a Guerra Fría Categoría:Filmes de 1984 con versión en galego