Renilla reniformis é unha especie de cnidario da clase dos antozoos, subclase dos octocoraliarios e orde dos pennatuláceos, que é o tipo da familia dos renílidos,Renilla reniformis (Pallas, 1766) no WoRMS. Consultada o 8 de setembro de 2020. e do seu único xénero, Renilla.Renilla Lamarck, 1816 no WoRMS. Consultada o 8 de setembro de 2020.
Encóntrase nas augas continentais do Novo Mundo.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1766 polo médico, zoólogo e botánico alemán Peter Simon Pallas, baixo o nome de Pennatula reniformis, na páxina 374 da súa obra Elenchus zoophytorum sistens generum adumbrationes generaliores et specierum cognitarum succintas descriptiones, cum selectis auctorum synonymis.
Sinónimos Ademais de polo nome válido na actualidade (2020), e especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Alcyonium agaricum Gmelin, 1791 Pennatula reniformis Pallas, 1766 (basónimo) Renilla americana Lamarck, 1816 Renilla reniformis f. americana (Lamarck, 1816)
Características Renilla reniformis é un octocoraliario colonial, que produce estruturas en forma de cogomelo, cun sombreiro en forma de corazón, que varía na súa cor de rosa a púrpura, no que se agrupan pólipos de diferentes formas e funcións. Un só pólipo xigante, de até 5 cm de longo, forma o pedúnculo ou raque de ancoraxe ao substrato. A superficie superior do sombreiro está inzada de pequenos pólipos con tentáculos, que teñen a función de capturar as partículas orgánicas suspendidas na auga, xunto aos cales hai outros pólipos sen tentáculos, cuxa función é exclusivamente a de bombear auga cara a dentro do sombreiro; unha terceira clase de pólipos sen tentáculos forma unha auténtica válvula de saída de auga, para o baleirado rápido da colonia, co fin de reducir o seu tamaño en caso de emerxencia durante a baixamar.
Distribución e hábitat A especie está moi estendida nas augas continentais da beira occidental do océano Atlántico, desde Carolina do Norte até o Caribe, chegando polo sur até o Brasil.
A miúdo atópase varado ou completamente cuberto de area na zona intermareal; pódese encontrar até os 72 m de profundidade, sempre en substratos areosos.
Bioloxía Nutrición Renilla reniformis é un organismo filtrante. Produce unha substancia mucosa adhesiva para atrapar as partículas orgánicas presentes na auga.
Bioluminescencia Esta especie é coñecida pola súa capacidade, cando é perturbada, de emitir bioluminescencia; isto débese á acción de polo nos dous compostos químicos: un substrato orgánico, a proteína fluorescente verde e un enzima catalizador, unha luciferase chamada renilla-luciferina 2-monooxixenase. A proteína, en presenza de ATP, calcio e luciferase, cede electróns, que liberan enerxía en forma de luz.
Depredadores Un dos seus principais depredadores é o molusco gasterópodo opistobranquio da suborde dos nudibranquios Armina tigrina.Armina tigrina normalmente aliméntase de plumas de mar. En Seas Lug Forum.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Barnes, Robert D. (1968): Invertebrate Zoology. Filadelfia, Pensilvania, USA: Saunders. ISBN 978-0-7216-1561-5. Cordeiro, R.; McFadden, C.; van Ofwegen, L.; Williams, G. (2020): World List of Octocorallia. Renillidae. Daly, M.; M. R. Brugler; P. Cartwright; A. G. Collins; M. N. Dawson; D. G. Fautin; S. C. France; C. S. McFadden; D. M. Opresko; E. Rodríquez; S. L. Romano & J. L. Stake (2007): "The phylum Cnidaria: A review of phylogenetic patterns and diversity 300 years after Linnaeus". Zootaxa 1668: 127-182. Steven H. D.; Haddock, Mark A. Moline & James F. Case (2009): "Bioluminescence in the Sea", en Annual Review of Marine Science 2: 443-493.
Outros artigos Pennatuláceos Renílidos Proteína fluorescente verde Luciferina de Renilla
Ligazóns externas John E. Wampler (1997): Renilla Green Fluorescent Protein: Discovered and Identified by Function Department of Biochemistry and Molecular Biology, University of Georgia.
Categoría:Hidrozoos Categoría:Animais descritos en 1766 Categoría:Fauna de América do Norte Categoría:Fauna de América Central Categoría:Fauna de América do Sur