Miekkailija (tamén coñecido polo título en ) é un filme de 2015 coproducido entre Finlandia, Estonia e Alemaña que foi dirixido por Klaus Härö. Conta a historia real de Endel Nelis, un esgrimista e adestrador estoniano. O guión foi creado por Anna Heinämaa e rodaxe comezou en Estonia a finais de febreiro de 2014.
O filme foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro xunto con outros oito filmes, mais finalmente non foi nomeado. Miekkailija foi nomeado ó Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa como unha coprodución entre Finlandia, Estonia e Alemaña.
Personaxes Märt Avandi como Endel Ursula Ratasepp como Kadri Hendrik Toompere jr. como director do colexio Liisa Koppel como Marta Joonas Koff como Jaan Lembit Ulfsak como avó de Jaan Piret Kalda como nai de Jaan Egert Kadastu como Toomas Ann-Lisett Rebane como Lea Elbe Reiter como Tiiu
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Finlandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua estoniana Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes de Estonia Categoría:Filmes de Finlandia Categoría:Filmes de Estonia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Klaus Härö Categoría:Filmes rodados en Estonia Categoría:Filmes ambientados en Estonia