O termo ampola, derivado do latín ampulla, "frasco", "bote", "recipiente", "vexiga", pode referirse a: Anatomía Ampola, sección da trompa de Falopio onde ocorre a fecundación. Ampola de Vater, ou ampola hepatopancreática, parte do duodeno onde desemboca o conduto biliar común ou conduto colédoco na segunda parte duodenal (descendente). Medicina Ampola, lesión cutánea consistente nunha elevación da epiderme, que contén un líquido seroso. Ampola, recipiente contedor dun medicamento ou outros fármacos. Laboratorios e outras instalacións Ampola, recipiente de vidro ou outro material para conter líquidos. Zooloxía Ampola, cámara existente no exoesqueleto calcario dalgúns hidrozoos. Ampola, cada unha das numerosas vesículas bulbosas de paredes musculosas existentes nos pés ambulacrais dos equinodermos asteroideos, equinoideos e holoturoideos. Ampola do exocelio, receptáculo, en forma de cunca, do sistema acuífero-vascular dos equinodermos, situado debaixo da placa madrepórica. Ampola dorsal, saco do seo axial que impulsa o líquido hemal dos equinodermos asteroideos e equinoideos.
Fuente y licencia
Basado en: Wikipedia — Ampola · historial de autores.
Texto: CC BY-SA 4.0.
Información sobre la adaptación
Se eliminó la sintaxis wiki y las plantillas; los textos largos se abreviaron.