Vasili Grigorievich Lazarev, nado en Poroshino o 23 de febreiro de 1928 e finado o 31 de decembro de 1990, foi un cosmonauta soviético que formou parte das misións Soiuz 12 e Soiuz 18-1.

Traxectoria Lazarev graduouse na Escola Superior da Forza Aérea e doutorouse en medicina en 1951. Entrou no corpo de cosmonautas en 1966, e participou nas misión Soiuz 12 e Soiuz 18-1, converténdose nun dos dous primeiros tripulantes en sobrevivir a unha exección durante un lanzamento. Pasou un total de 1,98 días no espazo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz 12 Soiuz 18-1

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Nados no krai de Altai