Tundama é un filme de animación en 3D colombiano estreado o 20 de xullo de 2020. Dirixido por Diego e Edison Yaya, contou coas voces de Leonardo Castellanos, Zulma Rincón, Omar Moyano, Óscar Peraffán e Magdalena Sánchez. A realización do filme tardou arredor de seis anos e contou coa participación de 75 profesionais. Perante a continxencia xerada pola pandemia de COVID-19, Tundama foi unha das primeiras producións cinematográficas colombianas estreadas en formato de autocinema. É o primeiro filme rodado en lingua muisca, unha lingua que desapareceu c. 1800.

Sinopse O valente cacique Tundama enfronta a devastadora chegada dos colonizadores españois a América. No medio desta cruenta batalla, dous nenos en busca da súa irmá secuestrada quedan no medio do conflito de culturas e sacan á boia todo tipo de sentimentos que até entón tiñan profundamente agochados.

Personaxes Leonardo Castelllanos como Tundama Zulma Rincón como Tai Omar Moyano como Maldonado Óscar Peraffán como Gonzalo Jiménez de Quesada Magdalena Sánchez como a nai Martha Huertas como a deusa Camilo Mejía como Fernán Pérez

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua muisca Categoría:Filmes de Colombia