Manuel Vázquez Río, nado cara a 1926 e finado en Lugo o 29 de outubro de 2016,Necrolóxica foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Constantino Vázquez López e Carmen Río Río. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, colexiándose en Lugo en 1952.El Progreso, 13-2-1952, p. 2. No franquismo foi secretario técnico da Obra Sindical. Militante de Alianza Popular, foi designado membro do grupo de traballo redactor do proxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia.La Voz de Galicia, 3-1-1979, p. 23. Foi proposto como canidato a senador pola Coalición Democrática para as eleccións xerais de 1979,La Voz de Galicia, 17-1-1979, p. 27. pero dimitiu aos poucos días.La Voz de Galicia, 20-1-1979, p. 18. En 1985 foi nomeado secretario da Delegación Provincial da Consellería de Ordenación do Territorio de Lugo.La Voz de Galicia, 19-1-1985, p. 21.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Estatuto dos dezaseis

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos de AP Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Medallas do Parlamento de Galicia