A dos zoántidos (Zoanthidae) é unha familia de cnidarios antozoos da orde dos zoantarios e suborde dos braquicneminos,Zoanthidae Rafinesque, 1815 no WoRMS. que comprende varias especies de pólipos mariños.

O seu xénero tipo é Zoanthus.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1815 polo naturalista, meteorólogo e arqueólogo estadounidense de orixe franco-xermana-Italiana Constantine Samuel Rafinesque.

Xéneros Segundo o WoRMS, a familia está integrada polos tres xéneros seguintes: Acrozoanthus Saville-Kent, 1893 Isaurus Gray, 1828 Zoanthus Lamarck, 1801

Porén, o ITIS recoñece a:Zoanthidae no ITIS. Isaurus Gray, 1828 Palythoa Lamouroux, 1816 Zoanthus Lamarck, 1801

Nota taxonómica O WoRMS clasifica ao xénero Palythoa dentro da familia dos esfenópidos, da mesma suborde.Palythoa Lamouroux, 1816 no WoRMS.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Borneman, Eric H. (2001): Aquarium corals: selection, husbandry and natural history. Shelburne, Vermont, USA: Microcosm Ld. ISBN 978-1-8900-8747-0. Daly, M. et. al, (2007): "The phylum Cnidaria: A review of phylogenetic patterns and diversity 300 years after Linnaeus". Zootaxa 1668: 127-182. Debelius, Helmut & Baensch, Hans A. (1997): Marine Atlas. Volume 1. Osnabrück, Baixa Saxonia, Alemaña: Mergus Verlag GmbH. ISBN 978-3-8824-4051-5. Gosliner, T. M.; Behrens, D. W. & Williams, G. C. (1996): Coral Reef Animals of the Indo-Pacific. Monterey, California, USA: Sea Challengers Inc. ISBN 978-0-9301-1821-1. Veron, J. E. N. (1986): Corals of Australia and the Indo-Pacific. Sydney, Australia: Angus & Robertson Publishers. ISBN 978-0-2071-5116-3. Wilkinson, C. (2004): Status of coral reefs of the world: 2004. Volume 2. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Science

Outros artigos Antozoos Zoantarios Zoanthus

Categoría:Antozoos